A Marea critica os incumprimentos das obrigas e compromisos cara o comezo do curso escolar por parte do Concello e Xunta

Rubén Pérez: ”O Goberno local non cumpriu cos prazos anunciados na campaña electoral con respecto á finalización de multitude de obras na cidade, a mala planificación en obras públicas vai ser un elemento que converta a mobilidade en catastrófica na cidade e exemplos como a estrada provincial e o improvisado carril bici da Rúa Camelias anuncian problemas de tráfico evidentes. No caso do Goberno da Xunta, este incumpre o compromiso de reforzo de liñas educativas nos centros educativos coma é o caso do Eduardo Pondal”.
Publicado por o día 11/09/2019 na sección de Galicia,Marea Vigo,Política,Vigo

A Marea critica os incumprimentos das obrigas e compromisos cara o comezo do curso escolar por parte do Concello e Xunta

O voceiro de Marea de Vigo-Son En Común, Rubén Pérez, lembra que “de xeito oportunista e electoralista por parte de Abel Caballero, durante a campaña electoral municipal indicáronse datas de finalización de obras e apresuráronse estas para que coincidiran co período electoral, provocando tanto evidentes problemas construtivos (caso das enésimas reparacións da reforma da Praza de América) coma graves fallas de estudos de mobilidade e seguridade, tal e coma acontece co carril bici de  Camelias”.

“Literalmente – lembra Rubén Pérez – o alcalde de Vigo, nunha das súas hiperbólicas intervencións dixo que para o caso da Rúa Emilia Pardo Bazán a obra remataría antes do 26 de maio xa que (e citamos textualmente):El plazo iba más allá pero nosotros las obras las queremos hacer lo antes posible. No sólo por las elecciones, que también, ¿por qué no? Pero nosotros ponemos una fecha y presionamos mucho [a las empresas] para que adelanten, para que las molestias sean las menores posibles. Do dito ao feito, nada de nada” matiza o concelleiro.

Marea de Vigo-Son En Común afirma deste modo que “as obras en Vigo se improvisan e responden as veces a caprichos dos concelleiros de quenda sen criterio técnico nin estudos análogos de mobilidade e seguridade, con prazos sobrepasados ou adiantados dependendo das necesidades de axenda do alcalde e do seu oportunismo electoral. Se logo hai que levantar o firme (caso da rúa Arquitecto Palacios), se hai que afrontar fugas de auga (caso da rotonda de Praza de América) e hai sobrecustos ou erros construtivos, non pasa nada na mentalidade deste goberno” sinala Rubén Pérez.

Segundo o Grupo municipal, “o Goberno do PSOE tamén dixo en campaña que o 16 de maio o ascensor de Torrecedeira e a Praza do Emigrante estarían listos; que o 21 de maio Camelias (incluído o carril bici) estaría rematado e que o 24 de maio a rúa Emilia Pardo Bazán (estrada provincial) estaría rematada”. Todas estas obras, incluído o pavillón de Quirós que esta paralizado, seguen sen data de remate.

Pola súa banda, a Xunta de Galicia segue sen atender as demandas dos colectivos educativos sobre zonificación escolar nova para Vigo, con enésimas solicitudes de repensar a adscrición do alumnado de Navia ao IES de Valadares, así como sen atender as demandas de reforzo do persoal educativo de centros con serios problemas como o CEIP Eduardo Pondal. Nin a delegación de educación nin a propia consellería teñen abordado de xeito decidido estes problemas educativos que ameazan o inicio do curso escolar na cidade.