Na asemblea aberta a toda a cidadanía, na que participaron representantes locais das organizacións Esquerda Unida, Anova e Podemos, celebrada a tarde do 19 a plataforma local aprobou o apoio a candidatura para as xerais sen votos en contra.
A organización pecha así un proceso de dialogo a prol da confluencia para as eleccións xerais que empezou practicamente despois das eleccións municipais e durante o cal, representantes da Marea asistiron a diferentes xuntanzas de traballo como o encontro de Mareas, o foro Marea.gal ou o Banquete de Conxo.
Coa elección de Alexandra Fernández como candidata as xerais, fortalecese a nivel local a vinculación do proceso das Mareas coa candidatura de En Marea que consideramos imprescindible para cambiar a correlación de forzas no Congreso e así combater os ataques da Administración central contra a autonomía local que o noso entender non ten outro obxectivo que facer que centros de decisión políticos estean máis lonxe da cidadanía exércente.
Compre salientar que Alexandra Fernández é unha das persoas que dende o principio participaron na organización e fortalecemento da Marea de Vigo, formando parte do núcleo de organización da estrutura sendo unha das súas mais destacadas militantes e que a día de hoxe continua con ese traballo.
Así pois, a Marea considera que esta decisión é unha maneira idónea de encetar o proceso das eleccións locais, onde xurdiu o movemento de nova política das Mareas coas eleccións xerais, e na nosa cidade será o espazo onde se articule a campaña electoral que se aveciña. neste espazo ademais das e dos militantes de EU, Anova e Podemos contaremos tamén coa forza das persoas organizadas en exclusiva no espazo de Marea de Vigo.
PRENSA MAREA DE VIGO
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.