A Marea de Vigo pide que o goberno local asuma responsabilidades sobre a setenza que anula os reforzos obrigatorios dos bombeiros

Rubén Pérez considera un auténtico atentado contra os dereitos dos traballadores o decreto asinado na lexislatura anterior, e non emendado polo novo goberno local, que obrigaba a facer reforzos (horas extras) á totalidade da plantilla e a senteza que o anula ven a reafirmar o grave erro de telo asinado.
Publicado por o día 01/10/2019 na sección de Galicia,Marea Vigo,Política,Vigo

A Marea de Vigo pide que o goberno local asuma responsabilidades sobre a setenza que anula os reforzos obrigatorios dos bombeiros

Marea de Vigo considera que foi reiterada a advertencia ao goberno local por parte dos grupos da oposición da ilegalidade do decreto que obrigaba a realizar reforzos a pesar de que os bombeiros en asemblea en outubro do ano pasado decidiran non realizar máis reforzos para denunciar a situación de falla de efectivos na plantilla. Lonxe de escoitar, e coa posterior convocatoria de folga, o goberno local decidíu dar continuidade a este decreto que agora se amosa como ilegal.

Non escoitar ao colectivo de bombeiros, non escoitar ao comité de empresa e pretender seguir cunha política de demolición dos dereitos laborais ten que ter unha asunción de responsabilidades por parte do goberno local, que agora queda retratado nesta sentenza.

Marea de Vigo lembra que ademáis pode existir outra ilegalidade na decisión, no mesmo día da xornada electoral do 26 de maio, de establecer a limitación dunha hora aos bombeiros para poder ir a votar nos seus colexios electorais.

Ante estas decisións, Marea de Vigo defenderá de xeito firme os dereitos laborais da plantilla de bombeiros e a dignificación do seu traballo ante un Concello de Vigo que non quere escoitar ao colectivo nin nos órganos sindicais nin no propio pleno.

Comentar noticia

Your email address will not be published.