A Marea Feminista organiza unha xornada de análise, prevención e deconstrucción das violencias machistas nos movementos de esquerda 

Por o 12/07/2018 | Sección: En Marea,Galicia,Política
A Marea Feminista organiza unha xornada de análise, prevención e deconstrucción das violencias machistas nos movementos de esquerda 

A Marea Feminista organiza este sábado, 14 de xullo, unha xornada de análise, prevención e deconstrución das violencias machistas nos movementos de esquerda.

A violencia machista é algo estrutural e que afecta a tódolos ámbitos nos que nos movemos, tamén ás organizacións políticas e movementos de esquerdas. Dende a Marea Feminista ven necesario traballar para a facilitación de espazos seguros e igualitarios analizando, debatendo e artellando propostas constructivas para que as violencias machistas non teñan cabida en ningún dos nosos ámbitos.

A xornada, denominada “Tecendo espazos seguros. Activismo e violencia sexista. Análise, prevención e deconstrución das violencias machistas nos movementos de esquerdas” desenvolverase no Matadoiro, en Santiago, e contará como ponente con Tania Martinez Portugal (Investigadora e activista feminista do País Vasco cunha ampla experiencia na temática).

Darase comezo á xornada ás 11:00h cunha palestra aberta con colectivos (mixta), continuando pola tarde cun conversatorio (non mixto).

Dende a Marea Feminista convidouse a diversos partidos políticos vencellados con En Marea, asi como a todolos deputados e deputadas da fornación, a diversos colectivos e movementos de esquerda, e a quen estea interesado/a na temática, agardando que sexa unha xornada constructiva e enriquecedora para todas.

#HaiMarea

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.