A maxia divertida chega da man do Mago Paco ao parque da Perillana

Publicado por o día 18/09/2018 na sección de Galicia,Ponteareas

A maxia divertida chega da man do Mago Paco ao parque da Perillana

A concellería de Cultura que dirixe Hortensia Bautista informa que este xoves ás 18 horas chegará o Mago Paco ao parque da Perillana (a carón da biblioteca) para ofrecer a todos os pequenos e pequenas de Ponteareas o espectáculo “Maxia Divertida 2.0” dentro o programa Ler Conta Moito.

Unha actividade de animación á lectura a través da maxia mediante historias, contos e xogos. “O Meigo Paco” é un personaxe moi peculiar que non para de inventar novas maxias para os nenos e nenas. Desta volta mestura a risa como elemento principal para sorprendelos/las coas seus historias cheas de maxia a través de contos.