A Medalla da Cidade será este ano para o Consorcio da Zona Franca de Vigo

Abel Caballero desvelou este mércores que o Consorcio da Zona Franca recibirá este ano a Medalla da Cidade polo seu traballo a favor de Vigo. “É unha institución moi querida e que durante décadas traballou pola cidade”, sinalou o alcalde.
Publicado por o día 20/03/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

A Medalla da Cidade será este ano para o Consorcio da Zona Franca de Vigo

Abel Caballero desvelou este mércores que o Consorcio da Zona Franca recibirá este ano a Medalla da Cidade polo seu traballo a favor de Vigo. “É unha institución moi querida e que durante décadas traballou pola cidade”, sinalou o alcalde.

O Consorcio da Zona Franca de Vigo recibirá o vindeiro 27 de marzo a Medalla da Cidade polo seu traballo en favor da urbe. Así o anunciou este mércores o alcalde, Abel Caballero, durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación.

“A Medalla da Cidade vai a ser para unha institución que é moi querida en Vigo e que nunca a recibiu, e que ademais desde hai uns meses está dedicada integramente á cidade de Vigo e a recuperar a súa presenza”, sinalou o rexedor.

O alcalde destacou que a Zona Franca “é unha institución que durante tantas décadas traballou para a cidade, tivo un tempo intermedio que se dedicou a traballar lonxe de Vigo, pero agora, que recuperou a súa visión viguesa con tantos proxectos, é a hora de darlle a Medalla”, engadiu.

Ademais da Medalla da Cidade, o alcalde xa propuxo como Vigueses Distinguidos aos colectivos de taxistas, ao director da Coral Casablanca, Óscar Villar; aos centros educativos que cumpren 50 anos e outros pola súa traxectoria singular e, por último, aos xefes de servizo de centros de saúde que dimitiron en defensa da sanidade pública e nos que “representamos a toda a Atención Primaria”.