A media noite, O Porriño entra en máis restricións. Hoxe acadouse unha taxa de incidencia de 405

O Porriño alcanzou unha taxa de incidencia Covid de 405 e rexistráronse 82 novas infeccións, segundo actualizou hoxe a páxina web do Servizo Galego de Saúde. A partir da media noite. O Porriño entrará en maiores restricións do mesmo xeito que outros concellos da área sanitaria de Vigo.

Lembramos que novas restricións supoñen que a hostalería só poida servir en terraza, con 50% da capacidade e ata as 18:00 horas. Non obstante, a Xunta permite aos locais continuar co servizo de recollida no local ou a domicilio. No primeiro caso, condicionado ao toque de queda (actualmente ás 22.00 horas), mentres que o segundo está permitido ata as 24.00 horas.

Outra medida salientable é o peche perimetral individual, co que ninguén pode entrar nin saír do concello agás por causas xustificadas, como sanitarias, laborais ou coidado de maiores e menores.

Eva Garcia, alcaldesa do Porriño que permanece illada no seu domicilio e tele traballando a consecuencia dun positivo entre o persoal de confianza do seu gabinete, participará mañá xoves nunha reunión telemática con Julio Garcia Comesaña, conselleiro de Sanidade e os demais rexedores  municipais dos concellos da área sanitaria de Vigo.

A alcaldesa chamou de novo á veciñanza porriñesa a que “usen as máscaras, garden a distancia, cumpran cos protocolos de hixiene e limiten a súa mobilidade a cuestións indispensables. O compromiso de todos nos é fundamental para vencer esta terceira vaga”, reiterou Eva García de la Torre.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM