A MERP monta mesas de recollida de firmas en máis de 400 poboacións para blindar as pensións na Constitución

Luns 9 de Abril a partir das 11h, rúa Príncipe-diante do Marco. Mesa en Santiago de Compostela: Luns 9 de Abril a partir das 17.30h, rúa das Orfas.
Publicado por o día 09/04/2018 na sección de Eventos,Galicia,Vigo

A MERP monta mesas de recollida de firmas en máis de 400 poboacións para blindar as pensións na Constitución

Hoxe luns 9 de abril, ás 11 da mañá na Praza Callao, a Mesa Estatal pola Blindaxe das Pensións (MERP) dará unha rolda de prensa presentando as tres xornadas (9, 10 e 11 de abril) nas que se despregarán mesas de recollida de firmas en máis de 400 poboacións de todo o país, nas 17 comunidades autónomas.

Na rolda de prensa participarán personalidades e representantes de organizacións firmantes do manifesto que a MERP publicou na prensa o pasado 14 de marzo e que participaron na manifestación que reuniu a máis de 20 mil persoas en Madrid o sábado 17 de marzo. Entre eles estarán os directores Fernando Colomo, Agustín Díaz Yanes, Joaquín Oristrell, Miguel Hermoso e Fermín Cabal, as actrices María Botto e Julieta Serrano, Rafael Matesanz, o fundador e exdirector da Organiación Nacional de Transplantes, o escritor Manuel Rico

Tras a rolda de prensa, personalidades e representantes recollerán firmas entre os madrileños na Praza Callao acto de inauguración da maratón de recollida de firmas que a plataforma vai despregar en tres días.

Ademáis, noutras cidades, como Málaga, Granada, Sevilla e Barcelona, participan tamén os escritores Antonio Orejudo, Juan Madrid, o economista Juan Torres, o dramaturgo Salvador Távora, o exfiscal Anticorrupción Carlos Jiménez Villarejo, o poeta José Corredor e o diseñador Javier Mariscal. As mesas das diferentes organizacións da MERP estarán presentes nas 52 provincias. Ademáis a plataforma organizou para o martes, dúas mesas, en Zaragoza e en Valencia, que estarán protagonizadas, cada unha delas, por entre 20 e 25 mozas de menos de 25 anos. Dúas mesas representativas dos pensionistas do futuro e de todos os institutos e facultades nos que se vai a recoller firmas nestes tres días.

A recollida de firmas esténdese tamén ao mundo do traballo, con mesas de firmas en decenas de importantes empresas, fábricas e institucións que se sumarán á recollida de firmas e que se anunciarán na roda de prensa do luns.

Unha dos principais acenos de identidade da MERP, a súa pluralidade, verase nos diferentes tipos de organizacións que participarán na recollida de firmas das 250 que forman parte da plataforma, desde o sindicato das Kellys, a Unión Sindical Obreira, ou os Estibadores en varias cidades e multitude de empresas, PACMA, Recortes Cero, a Mocidade Obreira Cristiá, Coalición de Centro Democrático en municipios de varias provincias, ou a mesa que montarán na Praza Lavapiés a Fundación 26 de Decembro, a plataforma que representa aos xubilados e pensionistas do movemento LGTBI.