A Asociación Veciñal de Teis, ben acusar a Abel Caballero, de mentir e manipular a veciñanza, cando afirma que a conversión en tramo urbano da autoestrada AP9 desde Padín, beneficiaría a veciñanza de Redondela.
As Torres de Padín está en Teis e os accesos (entrada e saída) de realizarse serían feitos no Concello de Vigo, para Abel Caballero a metade de Teis, non é Vigo. A veciñanza de Vigo, non utilizarían eses acesos de realizarse?
Queren lembrar que está reivindicación que defenden as Asociacións Veciñais de Teis e Chapela, conta co apoio dos partidos políticos BNG, En Marea e o Partido Popular.
A proposta desde Padín xustificase ao existir un nó de comunicacións e onde é posíbel realizar novos acesos.
A vía urbana só desde Buenos Aires, sería un actuación incompleta, pois a avda. de Buenos Aires, xa soporta un nivel de trafico importante e que aumentaría coa construción de novos acesos. Esta Asociación sempre defendeu a creación de varios acesos como mínimo en Buenos Aires e Padín.
O Alcalde, Abel Caballero, insiste en limitar a actuación a avenida de Buenos Aires, aínda que non se coñece ningún estudo de trafico ou proxecto detallado. Temos que pensar en solucións de tráfico, que non vaian empeorar a mobilidade en Teis e cunha visión de futuro.
O indignante e que a día de hoxe aínda non hai data para eliminación da peaxe Rande-Vigo e non comprobamos que Abel Caballero, faga nada para que o Ministerio de Fomento concreten prazos para eliminación da peaxe, se faga un estudo sobre os posíbeis acesos na autoestrada AP9 ou medidas contra a eliminación acústica.
A Asociación Veciñal de Teis, seguira defendendo a elimnación da peaxe Rande- Vigo, a conversión en tramo urbano autoestrada AP9, desde Padín e medidas contra contaminación acústica.