Hoxe celebrouse en Teo a IV Asemblea Nacional de Anova Irmandade Nacionalista, na que por unha ampla maioría foron renovados a Coordinadora Nacional e a Comisión de Garantías. A candidatura obtivo o voto afirmativo do 85,71% da militancia que participou durante a xornada.
Na xornada tamén foron aprobados diferentes documentos como unhas novas Tese Organizativa e Tese Política, que se farán públicos na maior brevidade.
Abriu o acto de Clausura a nosa compañeira Oriana Méndez, concelleira da Marea de Vigo. Comezou agradecendo a asistencia das delegacións convidadas do municipalismo galego e de organizacións da esquerda galega asistentes ao acto de clausura.
Na súa intervención, Antón Sánchez resaltou a necesidade de relanzar Anova e o espazo de ruptura disputar hexemonías en Galicia e derrotar á dereita, facendo referencia á alianza da dereita coa ultradereita e procurando rematar en Galicia “coa década negra neoliberal de Alberto Núñez Feijóo”.
Será na sesión constituínte da nova Coordinadora Nacional elexida hoxe onde se escollerá unha nova Comisión Permanente, e dentro dela as diferentes responsabilidades, tamén a de Portavoz Nacional.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.