Aporofobia, algo decoñecido pero moi practicado na cidade de Vigo

“A miseria da cidade fermosa non e a xente sen teito senon ti que practicas a aporofobia sen decatarte”
Por o 17/02/2018 | Sección: Opinión,Opinión por Rubens Rocha
Aporofobia, algo decoñecido pero moi practicado na cidade de Vigo

Veño falar de algo que me esta preocupando na sociedade da Detroit Viguesa, cal e? pos nin máis nin menos que esa infección que esta mais que propagada, esa chamada aporofobia.

A catedrática de Ética e Filosofía Política da Universidade de Valencia, Adela Cortina, defende no seu libro aporofobia, ‘ Aporofobia, o rexeitamento ao pobre. Un desafío para a democracia’ (Editorial Paidós) que non todos os estranxeiros son tratados por igual xa que se recibe “con alegría” a chegada de turistas pero “parece que molestan os refuxiados e inmigrantes”. Un discurso que “desgraciadamente” foi utilizado por algúns políticos como Donald Trump ou Marien Lle Pen para conseguir votos e quen, segundo Cortina, atacan só a “os estranxeiros que son pobres”.

O termo ‘ aporofobia’, acuñado por Cortina hai máis de 20 anos, fai referencia, tal e como se recolle no seu libro, “ao rexeitamento, aversión, temor e desprezo cara ao pobre, cara ao desamparado que, polo menos en aparencia, non pode devolver nada bo a cambio”.

Na wikipedia

A aporofobia (do grego άπορος ( á-poros), sen recursos, indixente, pobre; e φόβος, ( fobos), medo)refírese ao medo cara á pobreza e cara ás persoas pobres. É a repugnancia e hostilidade ante as persoas pobres, sen recursos ou desamparadas.

É un neoloxismo incluído no Dicionario da Real Academia Española, considerado “neoloxismo válido” pola Fundación do Español Urxente​ e pouco usado por medios de comunicación e si polos profesionais.

O concepto de aporofobia foi acuñado pola filósofa Adela Cortina nos anos 1990​ para diferenciar esta actitude da xenofobia, que só se refire ao rexeitamento ao estranxeiro e do racismo, que é a discriminación por grupos étnicos. A diferenza entre aporofobia e xenofobia ou racismo é que socialmente non se discrimina nin marxina a persoas inmigrantes ou a membros doutras etnias cando estas persoas teñen patrimonio, recursos económicos e/ou relevancia social e mediática.

A aporofobia é o odio, medo e rexeitamento ás persoas pobres. A pobreza é unha característica circunstancial na vida dos seres humanos e en ningún caso forma parte da identidade. A pobreza non é unha condición permanente das persoas, senón unha situación indesexable e inxusta, pero superable.

A posibilidade de que as persoas poidan saír da situación de pobreza e abandonar a exclusión social ten un efecto de culpabilización individual das persoas da súa situación de pobreza, xa que non se teñen en conta as circunstancias sociais, políticas e/ou económicas que inflúen nos procesos de exclusión. As crenzas e mitos xerados neste proceso de culpabilización son as ideas que subxacen á aporofobia (“están na rúa porque queren”, “terían que poñerse a traballar”, “son uns vagos”, etc.).

A aporofobia transmítese a partir dunha construción social que relaciona ás persoas pobres con delincuencia, situándoas no imaxinario social como posibles delincuentes antes que como potenciais vítimas da discriminación e a violencia.

Existen políticas públicas orientadas á seguridade e á convivencia así como prácticas xornalísticas ao redor da pobreza e a exclusión social que favorecen a transmisión dunha imaxe de criminalización da pobreza. Estas prácticas políticas, sociais e mediáticas xeran representacións deshumanizadoras das persoas en situación de extrema pobreza e crean unha distancia simbólica entre “nós” e “eles”.

Deste xeito, a través de procesos de deslegitimización e exclusión moral a cidadanía non senten obrigada a aplicar as normas morais, regras sociais e consideracións de xustiza que aplicarían coa poboación que non está excluída socialmente.

Desgrazadamente

Na cidade de Vigo e cada día máis palpabel dita infección e para iso non hai máis que coller os medios de comunicación como FdV, La Voz de Galicia e outros e ver nos comentarios das suas noticias na rede social Facebook, e eu preguntome; onde foi a parar iso de que Vigo é solidaria coa xente que non ten teito e non ten traballo? onde esta a solidariedade que tanto di e presume Vigo? cada día que pasa a sociedade viguesa máis individualizada e apática, triste pero a crua verdade.

Nado en Vigo hai 36 anos. Nacionalista Galego, Fotógrafo, activista defensor dos dereitos humanos e ambientais. Buscando que se recoñeza e respecte os patrimonios da cidade de Vigo.

Comentar noticia

Your email address will not be published.