A Mostra do Posible presenta as actividades coas que amosar que existen ferramentas para afrontar agrave crise ecosocial.

Hoxe fíxose público o calendario de actividades da terceira edición da Mostra do Posible que terá lugar o sábado 5 e domingo 6 de outubro de 2019 na Alameda Nova de Cangas do Morrazo.
Publicado por o día 24/09/2019 na sección de Cangas,Eventos,Galicia

A Mostra do Posible presenta as actividades coas que amosar que existen ferramentas para afrontar agrave crise ecosocial.

Este ano o tema central será a grave crise ecoecosocial na que nos atopamos e as actividades da Mostra do Posible pretenderán visualizar as ferramentas que temos ao noso alcance para comezar a facerlle fronte.

Nos últimos anos, a Mostra do Posible ven convocando a gran parte do tecido social galego na vila morracense. Nesta edición, novamente daranse cita entorno a medio centenar de entidades pertencentes á economía social e solidaria ou aos movementos sociais galegos.


Durante a fin de semana realizaranse 20 actividades que dende a organización destacan serán moi prácticas e cun carácter eminentemente lúdico. “Creemos que é necesaria unha reflexión colectiva sobre a situación medioambiental e social na que nos atopamos, mais non ten porque ser algo pesado. Queremos transmitir esperanza xa que na Mostra do Posible participan entidades que nos permiten crer noutro mundo posible”, afirmou Guillermo Crego durante a presentación.

Unha das actividades principais son os Roteiros mediante os que os participantes poderán descubrir como as sociedades poden ter un papel protagonista e a vida se sitúe no centro das nosas preocupacións. O Roteiro do Posible, o Roteiro Público e o Roteiro pola Terra veranse complementados coa EXcLursión e o Reflexionatorium. En cada unha destas actividades prométese abordar unha temática coa que ter unha perspectiva global das problemáticas e as alternativas existentes.

Durante a Mostra do Posible presentarase “Arbores que non arden. As mulleres na prevención de incendios forestais” un libro da editorial Catro Ventos respaldado por unha exitosa convocatoria de microfinanciaciación e gran apoio popular. Presentarase tamén unha moeda electrónica con valores sociais que pretende servir como sistema de intercambio con validez en toda Galicia.

Podersase asistir a obradoiros como o de “Economía circular e moda sostible”, á relaxante “Introdución ao Baño de Bosque”, ou ao interesante obradoiro no que poderemos comprobar en primeira persoa a enorme cantidade de microplásticos que se poden atopar nun metro cadrado ao azar de calquera praia galega.

O sábado pola mañán o convite é para “pedalear por unha mobilidade sostible” polo concello de Cangas, mentres que o domingo haberá unha apetecible degustación de conservas artesanais do Xurés da casa María Tola. Un espectáculo de títeres, a música e poesía de Ialmas Máxicas, ou a presentación da obra pianística orixinal de Teddy Gigourès completan unha programación para todos os públicos.

Ademais na Feira de Ecoloxía e Artesanía uns vinte postos amosarán os seus produtos realizados respetando ao medio ambiente.

Camiñar para coñecer ás entidades que poñen no centro o respeto polo entorno e os dereitos das persoas, pedalear para reivindicar unha mobilidade sostible en Cangas, experimentar o impacto dos microplásticos ou a relaxación dun Baño de Bosque, degustar, danzar e esperanzarse son algunhas das experiencias que promete esta edición da Mostra do Posible.

Cartaz

Actividades

Comentar noticia

Your email address will not be published.