A naviera Mar de Ons organiza viaxes ao Parque Nacionaldas Illas Cíes os sábados de novembro desde Vigo e Cangas

Os sábados que haberá viaxes ás Illas Cíes serán os días: 9, 16, 23 e 30.
Publicado por o día 07/11/2019 na sección de Galicia,Vigo

A naviera Mar de Ons organiza viaxes ao Parque Nacionaldas Illas Cíes os sábados de novembro desde Vigo e Cangas

A Naviera Mar de Ons decidiu ampliar a oferta de servizos ao Parque Nacional das Illas Cíes e poñerá en marcha viaxes os sábados do mes de novembro con roteiro guiado incluído (en inglés, para os visitantes estranxeiros). A naviera persegue con esta iniciativa desestacionalizar un servizo inicialmente pensado para os meses de máis calor e alongalo ao resto do ano, sempre que exista demanda, como está a ser o caso. En novembro haberá viaxes ás Illas Cíes os sábados días: 9, 16, 23 e 30.
 
Os visitantes contarán con saídas os sábados desde Cangas e Vigo; desde o primeiro porto ás 10.30 e 15.00 horas e desde o segundo ás 11.00 e 15.30 horas. O regreso realizarase ás 14.15 e 17.40 horas.
 
A experiencia do ano pasado, onde a naviera realizou tamén estas viaxes fóra da tempada estival e a elevada demanda por parte dos usuarios e turistas que se achegan a coñecer tamén a cidade olívica e o seu Parque Nacional, anima á naviera para seguir ofrecendo este tipo de viaxes e seguir ampliando as visitas ao Parque Nacional das Illas Cíes para atender aos viaxeiros que visitan tamén a nosa comunidade nesta época