A naviera Mar de Ons prepara un servizo especial para ver as Perseidas desde o Mar

Os días 11 e 12 de agosto haberá saídas desde os portos de Cangas e Vigo para gozar a choiva de estrelas desde unha perspectiva privilexiada
Publicado por o día 09/08/2019 na sección de Galicia,Vigo

A naviera Mar de Ons prepara un servizo especial para ver as  Perseidas desde o Mar

Os días 11 e 12 de agosto, a choiva de meteoros coñecida como Perseidas ou ‘Bágoas de San Lorenzo’ chegará ao seu punto de máxima intensidade e a Naviera Mar de Ons vai poñer en marcha un servizo especial para poder contemplar este fenómeno astronómico desde o mar. Os pasaxeiros que se somen á expedición terán a oportunidade de gozar a bordo da explicación dun guía, experto na materia, que os acompañará durante a viaxe. A embarcación poñerá rumbo cara a augas do Parque Nacional para buscar esa perspectiva privilexiada afastada das luces da cidade.

O servizo especial para observar a choiva de estrelas contará con saídas os dous días desde o porto de Cangas ás 22:30 horas e desde Vigo ás 23:00 horas. Os billetes para participar na expedición xa están á venda a un prezo de 20 euros para adultos e 10 euros para nenos de ata 12 anos, con consumición a bordo incluída. Os nenos de menos de 3 anos poden viaxar gratis.
A xestión das reservas pódese realizar a través da páxina web da Naviera Mar de Ons (www.mardeons.com) ou chamando ao 986 22 52 72.