A naviera Mar de Ons reforza as frecuencias entre Cangas e Vigo co motivo do ‘O Marisquiño’ e engade un servizo especial desde Baiona

Haberá saídas cada media hora desde Cangas e desde Vigo, a partir das 16:00 horas e das 16:30 horas, respectivamente
Publicado por o día 08/08/2019 na sección de Galicia,Vigo

A naviera Mar de Ons reforza as frecuencias entre Cangas e Vigo co motivo do ‘O Marisquiño’ e engade un servizo especial desde Baiona

Os próximos días 10 e 11 de agosto con motivo do evento ‘O Marisquiño’ de Vigo, unha das citas máis importantes do calendario cultural e deportivo estival en Galicia, a naviera Mar de Ons reforzará os horarios das viaxes entre Cangas e Vigo. Así mesmo, poñerá en marcha un servizo especial entre Baiona e Vigo.
Durante estas dúas xornadas, o principal cambio é que os usuarios poderán dispoñer dunha viaxe cada media hora a partir das 16:00 horas (desde Cangas) e das 16:30 horas (desde Vigo), en lugar de facelo cada hora como é habitual. Ademais, co obxectivo de atender á ampla previsión de demanda deste servizo desde primeira hora, a compañía pon ao dispor dos usuarios un barco con saída desde Vigo ás 07:30 horas en lugar da as 08:30 horas o domingo día 11. Así mesmo, o sábado 10, Mar de Ons poñerá en marcha un servizo especial entre Baiona e Vigo con saída desde Baiona ás 12:00 horas e regreso desde Vigo ás 22:00 horas.
A compañía lembra que non hai dispoñible a venda anticipada de billetes nin a modalidade de ida e volta nos barcos que realizan o roteiro entre Cangas e Vigo. Por iso, ata que o barco anterior non partise, non se poñerán á venda os tickets do seguinte que, ademais, só poderán ser usados nesa viaxe. Así mesmo, é importante lembrar que, para evitar contratempos, os pasaxeiros deberán estar a pé de barco 10 minutos antes do horario de saída e co seu billete adquirido nos despachos de billetes das estacións marítimas.
Con todo, no servizo especial que fará o roteiro entre Baiona e Vigo o sábado 10 poderanse reservar os billetes na páxina web da compañía www.mardeons.com ou no teléfono 986 22 52 72.
Desta maneira, detállanse a continuación os horarios para estes dous días:

Comentar noticia

Your email address will not be published.