A nova directiva da Comunidade de Montes de Coruxo ven impulsar un programa anual de voluntariado

Publicado por o día 21/06/2019 na sección de Galicia,Vigo

A nova directiva da Comunidade de Montes de Coruxo ven impulsar un programa anual de voluntariado

A nova directiva da Comunidade de Montes de Coruxo ven impulsar un programa anual de voluntariado, co obxectivo de vincular novamente a voluntarias e voluntarios na recuperación ambiental do monte de Coruxo, gravemente afectado polo grande incendio forestal do ano 2017. Os traballos centraranse especialmente en áreas prioritarias de intervención, como son as marxes dos cursos de auga, e en plantacións e rexenerados de árbores autóctonas destinados á conservación.

Queren, deste modo, recuperar o pulo inicial das primeiras semanas tras o incendio, cando unha maré de solidariedade e compromiso coa natureza inundou do monte. A implicación dun grande número de [email protected]  permitiu a realización de diversas accións urxentes, como foron os traballos de contención da erosión nas superficies máis vulnerables.

Nestes momentos, estana planificar distintas accións de voluntariado para favorecer a rexeneración do monte de Coruxo. Estarán orientadas á recuperación das súas funcións ambientais, con especial atención á restauración da vexetación autóctona e ao fomento da biodiversidade.

Como paso previo, a Comunidade de Montes de Coruxo está a tramitar a súa alta no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia. A tal efecto, farán elaborar un rexistro de [email protected] Enviaran por este motivo un formulario, que todas as persoas que participedes nas futuras accións de voluntariado teredes remitir, para facilitar así os trámites legais. Quedan á vosa disposición para calquera aclaración, dúbida ou para calquera outra cousa que precisedes.

Poden contactar con Belén a través do WhatsApp de xeito privado ou chamando ao teléfono 653904642.

A vosa colaboración será decisiva no novo proxecto de monte que comeza a andar.