A nova librería en AIDA Books&More en Vigo abre as súas portas

A librería, xestionada por un equipo de persoas voluntarias, destina os beneficios aos proxectos humanitarios e de cooperación da asociación AIDA, Axuda, Intercambio e Desenvolvemento
Publicado por o día 04/03/2020 na sección de Cultura,Galicia,Vigo

A nova librería en AIDA Books&More en Vigo abre as súas portas

AIDA Books&More, a librería solidaria xestionada por voluntarios, que ofrece libros doados de segunda man a prezos moi económicos, estrea localización en Vigo: o número 45 da rúa Ecuador. Apenas uns días antes de Nadal, a librería reabre as súas portas con centos de libros que salvan vidas nos seus andeis.

Os libros de segunda man teñen unha segunda vida en AIDA Books&More, a librería solidaria que reabre as súas portas nun novo local a unhas poucas rúas do anterior. A partir desta semana, o número 45 da rúa #Ecuador énchese de libros solidarios a prezos moi económicos para financiar, cos beneficios da súa venda, os proxectos humanitarios e de cooperación ao desenvolvemento da asociación AIDA.

O cambio de local foi impulsado polo grupo de persoas voluntarias que xestionan a librería. Ofrece máis espazo para expoñer os libros de segunda man así como para poñer en marcha actividades e talleres culturais e de sensibilización. Xunto co cambio de localización, o equipo estrea un novo horario que inclúe a apertura da librería os sábados pola mañá (de 10.30 a 13.30), ademais de de o horario habitual (de luns a venres de 10.30 a 13.30 e de 17.30 a 20.30). Así continúa o proxecto que comezou en Vigo hai máis de dous anos.

AIDA Book&More é a primeira rede de librerías solidarias en España e conta con establecementos, ademais de en Vigo, en Madrid, Valencia, Xerez, Barcelona, Santander, Segovia, Castelló, Albacete e Zaragoza, así como unha tenda online (www.aidabooks.org). Todas elas son xestionadas por persoas voluntarias, que se encargan de administrar a librería, recibir as doazóns, seleccionar e clasificar os libros, atender aos clientes e promocionar o proxecto. Desde que abriu a primeira librería en Segovia fai xa dez anos, a rede de librerías e o equipo foi crecendo ata alcanzar máis de 400 voluntarios/ as que colaboran en trece tendas.

Coa venda de cada libro que se realiza nunha das tendas destas cidades españolas, a asociación AIDA contribúe ao desenvolvemento integral e a mellora das condicións de vida das comunidades máis desfavorecidas de países en vías de desenvolvemento. Un parte dos beneficios destínanse a financiar as evacuacións de nenos e nenas de Guinea Bissau -un dos países máis pobres do mundo- con cardiopatías, que son trasladados e operados en países europeos. É para atopar orzamento para este proxecto para o que comezou o proxecto que hoxe permite recadar fondos para moitos outras máis, en Guinea Bissau, Líbano e Bangladesh entre outros países. Por iso, os exemplares que se poden doar ou comprar en AIDA Books&More son moito máis que libros, son libros que salvan vidas.

Nestes momentos teñen xa lista a unha progrmación de actividades para os meses de marzo, abril e maio.

Programación

Charla-coloquio: Érase una vez… La literatura infantil y juvenil inclusiva

a cargo da ANILIJ (Asociación Nacional de Investigadores de Literatura Infantil y Juvenil)

Xoves 12 de marzo as 19.00

Libraría AIDA Books&More, Rúa do Ecuador, 45, Vigo

Unha viaxe sobre como os distintos países europeos abordan as identidades de xénero na súa literatura para [email protected] e xóvenes, onde nos acompañarán exemplos que ofrecen unha visión positiva de xénero, non esteriotipada e non sexista.

Actividade gratuíta

Personalidades organizadoras e participantes: Organiza AIDA Books&More, charla a cargo de ANILIJ con: VELJKA RUZICKA KENFEL (catedrática de alemán da Facultade de Filoloxía e Traducción da UVigo, Profesora titular, Vicepresidenta de ANILIJ)

Dra. Lourdes Lorenzo García (profesora titular da Facultade de Filoloxía e Traducción, tesoreira da Asociación ANILIJ. Directora do departamento de Traducción e Lingüística da UVigo)

Dra. Beatriz Rodríguez Rodríguez (profesora da Facultade de Filoloxía e Traducción. Actual Presidenta da Asociación ANILIJ)

Dra. Ana F. Mosquera, personal técnico investigador da Oficina de Proxectos Internacionales da UVigo, Vicerrectorado de Investigación.

Todas son membros do Grupo de investigación de Literatura infantil e xuvenil angloxermana e a súa traducción.

Web: https://www.ong-aida.org/aidabooks/ Facebook: https://www.facebook.com/aidabooksvigo/

Instagram: aidabooksvigo Email: [email protected]

Teléfono: 986 919196

Charla-coloquio sobre o libro: Dúbidas reais de adolescentes sobre o sexo a cargo da súa autora Sabela Iglesias.

Xoves 23 de abril as 19.00

Libraría AIDA Books&More, Rúa do Ecuador, 45, Vigo

Hai algún problema por ter relacións sexuais con 14-16 anos? Os homes mastúrbanse máis ca as mulleres? Por que os rapaces teñen mamilas? Este libro nace das charlas formativas realizadas por unha xinecóloga especializada en diferentes centros de ensino secundario da comarca de Vigo e da necesidade de dar resposta a moitas cuestións que vos xurden a vós como adolescentes. Unha escolma das preguntas máis relevantes e frecuentes acompañada dunha explicación clara sobre os diferentes métodos anticonceptivos e preventivos de enfermidades, así como doutros aspectos que vos importan e que importa que coñezades.

Actividade gratuíta

Personalidades organizadoras e participantes: Organiza AIDA Books&More, charla a cargo de la Dra. Sabela Iglesias Faustino especialista en Xinecoloxía e Obstetricia do CHUVI de Vigo.

Sesións de contacontos para nenos e nenas

Último sábado de cada mes. Próximas sesión 27 de marzo e 25 de abril.

Libraría AIDA Books&More, Rúa do Ecuador, 45, Vigo

Actividade gratuíta

Festa de inauguración do novo local e terceiro aniversario da libraría AIDA Books&More Vigo.

En maio (data exacta por confirmar)

Libraría AIDA Books&More, Rúa do Ecuador, 45, Vigo

Actividade gratuíta