A oficina de atención aos afectados no Marisquiño xa funciona no primeiro andar do Concello

Desde hoxe luns está aberta e funcionando a oficina municipal de atención aos afectados do Marisquiño en horario de 09,30 a 14,00 h. En dependencias do primeiro andar do Concello, un técnico en xestión e un xurídico asesorarán sobre reclamacións, documentación precisa e prazos a todos aquelas vítimas que así o decidan.
Publicado por o día 28/08/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

A oficina de atención aos afectados no Marisquiño xa funciona no primeiro andar do Concello

A oficina municipal de atención aos afectados no accidente de O Marisquiño empezou a funcionar esta mañá no primeiro andar do Concello de xeito presencial. Un técnico en xestión e un xurídico asesorarán entre as 09,30 e as 14,00 h a todos aqueles afectados que precisen información sobre reclamacións, documentación ou prazos. Tal e como explicou o rexedor, os interesados poden pedir cita previa no 986810101 e na páxina web tamén se pode atopar un escrito que detalla a documentación precisa para tramitar reclamacións. En rolda de prensa, o alcalde insistiu na vontade do Goberno local de seguir ao lado das vítimas.

Por outra banda, o alcalde avanzou o adianto do Pleno extraordinario previsto para o día 7 xa que finalmente foi convocado para o mércores 5 de setembro.