A Oficina de Turismo de Ribadumia abre as súas portas para recibir aos visitantes de Semana Santa

O Concello de Ribadumia informa de que, con motivo da chegada da Semana Santa, a Oficina de Turismo do municipio permanecerá aberta dende mañá, martes 27 de marzo, e ata o vindeiro luns, 2 de abril, ámbolos dous incluídos.
Publicado por o día 26/03/2018 na sección de Galicia

A Oficina de Turismo de Ribadumia abre as súas portas para recibir aos visitantes de Semana Santa

Na procura de dar o mellor servizo a turistas e visitantes que estes días festivos decidan achegarse a coñecer Ribadumia e a súa contorna, o servizo permanecerá aberto tanto en horario de mañá como de tarde: de 10:30 a 13:30 horas e de 16:00 a 19:00 horas.

A oficina, situada a carón da rotonda de Os Castaños, localízase na saída da Autovía do Salnés, e supón unha dos mellores xeitos de que os turistas que esta semana decidan achegarse a Ribadumia coñezan todos os puntos de interese que o concello ten: a Ruta da Pedra e da Auga; o patrimonio arquitectónico, con muíños, lavadoiros e cruceiros; o patrimonio histórico e relixioso, con pazos e igrexas; o Monte do Castro, importante legado arqueolóxico, etc.

Con esta posta en marcha, o Concello de Ribadumia da a benvida, un ano máis, a todos os que se acheguen ata o noso municipio interesados en saber máis sobre o que este pode ofrecer, visitantes que atoparán neste servizo a mellor información sobre os máxicos recunchos que ten Ribadumia.