A Oficina de Turismo do Grove recoñecida un ano máis co distintivo de calidade SITED

O Concello ven de recibir a comunicación que confirmar a consecución deste distintivo de “Compromiso de Calidade Turística”que mantén dende hai máis de 10 anos.
Publicado por o día 25/01/2019 na sección de Galicia,O Grove

A Oficina de Turismo do Grove recoñecida un ano máis co distintivo de calidade SITED

O Concello do Grove foi sometido o pasado mes de decembro a avaliación final por parte da Secretaría de Estado de Turismo de cara a conseción da distinción de calidade que recollece os servizos e o funcionamento da Oficina de Turismo municipal. Trátase do distintivo “Compromiso de Calidade Turística” que se outorga dentro do Plan de Calidade Turística SITED (Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos). O recoñecementos serán entregados na Gala de Turismo que se celebrará previsiblemente no mes de marzo.

A xestión dos trámites para conseguir este recoñecemento é posible gracias á colaboración directa coa Deputación de Pontevedra que ofrece os servizos técnicos precisos para a tramitación de grande parte destes detallados procesos. Deste xeito O Grove intégrase dentro do destino turístico “Provincia de Pontevedra-Rías Baixas” co fin de crear un destino de calidade para ser competitivo e estar á altura dos principais destinos turísticos.