A oficina de turismo pecha unha fabulosa campaña do verán 2018

Publicado por o día 17/10/2018 na sección de Galicia,Ribadumia

A oficina de turismo pecha unha fabulosa campaña do verán 2018

O Concello de Ribadumia informa que unha vez pechada a temporada estival, cabe destacar os seguintes datos relativos ó Turismo no Concello de Ribadumia:

  • Rexistráronse na oficina de turismo un total de 3.493 visitantes entre o 1 de xullo e o 15 de outubro, o que supuxo un incremento dun 29% respecto do ano 2017, no que se rexistrou un total de 2.463 turistas.
  • A media de visitantes diarios rexistrados no mes de agosto foi de 58,1 turistas/día (1.511 en total), seguido do mes de xullo, onde os visitantes rexistrados supoñen un 38,7 de turistas/día.
  • Tendo en conta a orixe dos visitantes, no período analizado foron rexistrados 2.862 turistas de procedencia nacional, un 27% máis respecto do ano 2017 (2.095 turistas), que centraron as súas demandas de información nas rutas fluviais ou sendas naturais de Ribadumia e comarca, así como na gastronomía e no enoturismo.
    Destacando as orixes de Castela e León, Galicia e Comunidade de Madrid, ou Andalucía.
  • O total de visitantes rexistrados de procedencia internacional acadou o número total de 631 entre o 1 de xullo e o 15 de outubro, supoñendo un 18’06% do total, cun incremento superior ó 42% respecto do ano 2017 (368 turistas). Así mesmo, a súa presenza foi maior no último período estival, entre setembro e outubro, onde chegaron a supoñer un 34% do total dos visitantes recibidos.
    O groso do turismo internacional represéntao o peregrino, procedente maioritariamente (e por esta orde) de Portugal, Italia e Alemania, se ben cabe destacar a presenza de visitantes de 39 nacionalidades distintas, desde arxentinos e uruguaios ata neozelandeses, sudafricanos, libaneses, israelís ou taiwaneses.

En todo caso, destaca entre o turismo internacional o progresivo aumento da popularidade da Variante Espiritual e a importancia da Ruta da Pedra e da Auga, como referente salientado por todos eles, pola súa fermosura respecto de calquera outro tramo dos realizados no Camiño Portugués.