A Oficina de Información á Xuventude (OMIX) do Concello da Guarda organiza un obradoiro creativo de iniciación ao gravado en relevo e creación de selos estampables (stamp carving) para o vindeiro 26 de maio.
Os e as participantes poderán iniciarse na técnica básica de tallado e estampaxe manual, aplicada á creación de selos personalizados. O taller estará dirixido polo artista plástico Alfonso Vicente Rey e impartirase no Centro Cultural entre as 10:30 e as 13:30 horas.
As persoas interesadas nesta actividade poderán solicitar máis información e inscribirse na OMIX, chamando ao teléfono 986 614 546 ou a través do correo electrónico [email protected]
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.