A Orquesta Clásica de Vigo no Casco Vello de Vigo polo Día Europeo da Música 2019

Por o 19/06/2019 | Sección: Cultura,Eventos,Galicia,Vigo
A Orquesta Clásica de Vigo no Casco Vello de Vigo polo Día Europeo da Música 2019
Compartir en:

A Orquesta Clásica de Vigo celebrará este venres 21 o Día Europeo da Música 2019. O concerto será ás 20:30 no Casco Vello de Vigo, e congregará á plantilla da Orquesta Clásica de Vigo na praza da Rúa Real (á altura do número 24).

O 21 de xuño celebramos o Día Europeo da Música, unha data moi especial para compartir a nosa paixón pola música nun formato en aberto á cidadanía.

Este ano cambiamos de ubicación e baixamos á praza que se forma no Casco Vello na intersección da Rúa Real coa Travesía da esperanza, á altura do número 24 e do Rexistro da Propiedade. Con este cambio queremos explorar novos espazos para a música no Casco Vello.

Por outra banda, durante esta semana  ofreceremos as entradas do vindeiro concerto que realizaremos o 12 de outubro no Teatro Afundación cun desconto do 25% para celebrar este día da música.

Este desconto está dispoñible en Ataquilla.com e estará vixente ata o domingo 23.

Grazas de antemán e un saúdo,

Día Europeo da Música 2019
Cando: 21 de xuño ás 20:30
Onde: Rúa Real coa Travesía da esperanza, á altura do número 24 e do Rexistro da Propiedade.
Organiza: Orquesta Clásica de Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.