A Orquesta Cl√°sica de Vigo ofrece o primeiro concerto da temporada con pezas de Ravel e Vaughan Williams

A formación celebrará os seus 35 anos de vida nesta sesión, que terá lugar o xoves no Teatro Afundación, ás 20.30 horas
Publicado por o d√≠a 06/03/2019 na sección de Cultura,Galicia,Vigo

A Orquesta Cl√°sica de Vigo ofrece o primeiro concerto da temporada con pezas de Ravel e Vaughan Williams

A Orquesta Cl√°sica de Vigo ofrece ma√Ī√° o primeiro concerto da temporada, ‚Äú35 aniversario: Ravel+Vaughan Williams‚ÄĚ, no Teatro Afundaci√≥n √°s 20.30 horas. Nesta apertura, a formaci√≥n conmemorar√° os seus 35 anos de vida con obras de Maurice Ravel e Vaughan Williams baixo a direcci√≥n do tridentino Alessandro Arnoldo.

No programa interpretaranse as obras Ma mère l’Oye, Le Tombeau de Couperin, Rapsodie espagnole, de Maurice Ravel, e o Concerto para tuba en fa menor, de Ralph Vaughan Williams, no que exercerá como solista Cláudio Clemente Valente dos Santos. Este foi alumno de Jonathan Vázquez, membro de A Clásica durante máis de vinte anos ao que se lle dedicará o concerto tras o seu recente finamento.

A elecci√≥n do 7 de marzo para dar comezo √° programaci√≥n deste ano de A Cl√°sica non √© aleatoria; √© a data de nacemento de Maurice Ravel, nado en Francia en 1875. Tr√°tase dun dos autores m√°is destacados do s√©culo XX e as s√ļas composici√≥ns, cun dilatado engranaxe formal e simb√≥lico, influ√≠ron enormemente na m√ļsica sinf√≥nica posterior.

Vaughan Williams foi alumno de Ravel e ambos compartiron amizade durante anos. Foi un dos grandes compositores brit√°nicos do pasado s√©culo e a el pertence o concerto para tuba que interpretar√° Cl√°udio Clemente no concerto de ma√Ī√°, unha fermosa obra sinf√≥nica que interpretou por primeira vez en Galicia Jonathan V√°zquez cando estudaba no Conservatorio Profesional de Vigo, hai xa d√ļas d√©cadas.

Seguinte sesión, en abril

A Orquesta Clásica de Vigo dá comezo á temporada 2019 con esta proposta musical á que seguirán cinco propostas máis. A seguinte sesión celebrarase o 6 de abril no Auditorio Municipal do Concello de Vigo ás 20.30 horas, cunha viaxe musical ao universo de Purcell, Vivaldi e ao do primeiro Haydn.