A Orquestra de Cámara de San Petesburgo, na Tempada de Música Clásica de Afundación

Ofrecerán un concerto con obras de Elgar, Tchaikovsky e Tsintsadze mañá xoves 17 de outubro no Teatro Afundación de Vigo
Publicado por o día 16/10/2019 na sección de Eventos,Galicia,Vigo

A Orquestra de Cámara de San Petesburgo, na Tempada de Música Clásica de Afundación

Afundación, a Obra Social de ABANCA, continúa desenvolvendo a programación da súa Tempada de Música Clásica organizada en colaboración coa Sociedad Filarmónica de Vigo. A vindeira cita será mañá xoves 17 de outubro, a partir das 20.00 h no Teatro Afundación de Vigo, cun concerto a cargo da Orquestra de Cámara de San Petesburgo. Interpretarán a Serenata para cordas en mi menor, op. 20, de E. Elgar; Souvenir d’un lieu cher, op. 42 e Serenata para cordas en do maior, op. 48, de P. Tchaikovsky; e Catro miniaturas para cuarteto de cordas, de S. Tsintsadze.

As entradas están á venda na web Ataquilla.com para todas aquelas persoas que non adquirisen o abono para a tempada que supón un aforro do 20 % con respecto ás entradas individuais. Ademais, Afundación conta cunha política de bonificacións e descontos para persoas desempregadas, xubiladas e mozas que conleva unha rebaixa adicional dun 10 % no prezo das entradas.

Este concerto é parte do programa «Quedamos no palco, quedamos coa clásica», unha proposta que ten como obxectivo abrir as portas do Teatro Afundación de Vigo aos centros educativos de Educación Secundaria Obrigatoria e de Bacharelato para que os seus estudantes poidan gozar de concertos de música clásica de balde. Os centros interesados en participar poden informarse a través do 986 120 078 ou no correo quedamosnopalco@afundacion.org.

Comentar noticia

Your email address will not be published.