A Orquestra de Instrumentos Reciclados de Cateura actuará no Mar de Vigo o 28 de decembro

Abel Caballero participou esta mañá na presentación do que vai ser o primeiro concerto solidario que esta formación paraguaia ofreza en Galicia. A actuación, prevista para o 28 de decembro no Auditorio Mar de Vigo, contará coa participación de Iván Ferreiro e un coro de pequenos cantores de ACOPOVI.
Por o 10/10/2018 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
A Orquestra de Instrumentos Reciclados de Cateura actuará no Mar de Vigo o 28 de decembro

O alcalde invitou a toda a cidadanía a acudir á actuación que a Orquestra de Instrumentos Reciclados de Cateura ofrecerá o próximo 28 de decembro no Auditorio Mar de Vigo. Un concerto “excepcional” que combina a música dunha orquestra sinfónica co valor do medio ambiente, explicou durante a presentación, na que estivo acompañado polo presidente de Ecoembes, Ignacio González; e pola directora de programación do Mar de Vigo, Carlota Ojea, aos que o rexedor agradeceu esta iniciativa.

A actuación en Vigo desta formación paraguaia contará coa participación do cantante Iván Ferreiro e un coro de pequenos cantores de ACOPOVI, xunto aos que interpretará algunhas pezas. As entradas xa se poden adquirir a través de www.ataquilla.com e o mesmo día do concerto, no propio Auditorio. Toda a recadación que obteña coa venda de entradas se destinará integramente á Fundación da Orquestra de Instrumentos Reciclados de Cateura, unha asociación formada polos pais dos nenos que conforman a agrupación musical e máis o director e creador da mesma, Favio Chávez.

A agrupación, que toca instrumentos creados a partires de materiais de desfeito, chega a Vigo na súa sexta xira por España. Ao longo destes anos, a Orquestra visitou outras cidades como Madrid, Barcelona, Bilbao, Sevilla, Valencia ou Xixón.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.