A orquestra Sondeseu ofrecerá un concerto especial en apoio a Cíes Patrimonio da Humanidade

Publicado por o día 14/01/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

A orquestra Sondeseu ofrecerá un concerto especial en apoio a Cíes Patrimonio da Humanidade

O Auditorio Mar de Vigo acollerá o vindeiro sábado 2 de febreiro un concerto especial da Orquestra Sondeseu en apoio á candidatura de Cíes Patrimonio da Humanidade. O concerto contará con numerosos artistas convidados entre os que se atopan Rosa Cedrón, Vanesa Moa, Luís Peixoto e o orfeón Treixadura, entre outros.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, destacou na presentación o éxito que está a ter Sondeseu na súa xira por toda Galicia co seu último disco, “Beiralúa”, así como o seu novo espectáculo musical “Arraianos”. “Sondeseu participou en 2015 no espectáculo ‘O canto dás Illas’ en apoio a Cíes Patrimonio da Humanidade e esta nova actuación é unha garantía da boa marcha desta candidatura”, afirmou o rexedor.

Sondeseu protagonizará ademais este ano no Royal Concert Hall o concerto inaugural do Festival Celtic Connections, que se celebra do 17 de xaneiro o 3 de febreiro e contará con máis de 300 concertos e 2.100 músicos de todo o mundo.

Pola súa banda, o director da orquestra, Rodrigo Romaní, destacou “o mimo do Concello de Vigo á educación musical e ao noso patrimonio musical”. “Temos moita ilusión neste concerto porque estamos empeñados en que Cíes sexa patrimonio da Humanidade, xa que Cíes é pura música”.

A entrada ao concerto é gratuíta previa retirada de invitación en despacho de billetes.