A Federación Internacional de Xornalistas (FIP) vén de facer públicos os resultados dunha enquisa realizada a mulleres xornalistas de 52 países. O estudo revela que a crise sanitaria incrementou as desigualdades de xénero nos medios de comunicación, e máis da metade das xornalistas consultadas asegura que se viron prexudicadas na conciliación da vida laboral e privada (62%), nas súas responsabilidades laborais (46%) ou nos salarios (27%).
Ademais, o 77,6% recoñece que aumentou o seu nivel de estrés, e a metade delas achácano a necesidade de realizar tarefas múltiplas. Entre as causas deste incremento do estrés figuran o illlamiento para traballar, o acoso de los jefes, o coidado dos fillos, as tensións domésticas, o aumento da carga de traballo, os prazos axustados para a realización de tarefas, as longas xornadas laborais, o impacto psicolóxico da cobertura da pandemia e o medo a perder o traballo.
Para máis de tres cuartas partes o acoso (incluído o realizado a través da rede) e a intimidación aumentou ou se mantivo igual, e máis de dous terzos (67,83%) considera que as estratexias de xénero sufriron polos recortes financieros. A consecuencia de todo isto, máis da metade das enquisadas víronse afectadas na súa saúde, e case tres cuartas partes tiveron problemas de sono. Por último, o 53.63% considera que os sindicatos non desenvolveron ningunha estratexia concreta para facer fronte ás desigualdades de xénero na pandemia.
Ante os resultados desta enquisa, o Consello de Xénero da FIP chamou ás empresas mediáticas e aos sindicatos a facer da igualdade de xénero unha prioridade no seo das respostas á pandemia, e solicita que se esixan medidas concretas para fornecer as mujeres periodistas dunhas condicións de traballo dignas.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.