A Parroquia de O Hío, sofre dous lumes en pouco máis dunha hora | Por Serafín Valladares

Publicado por o día 10/09/2019 na sección de Cangas,Galicia

A Parroquia de O Hío, sofre dous lumes en pouco máis dunha hora | Por Serafín Valladares

Onte pola tarde, sobre as 16:30, o lume volveu aparecer preto da praia de Área Brava (Vilanova) pouco despois outro incendio apareceu na mesma parroquia de O Hío, ás 17.45, obrigaron a destinar ao lugar a varias brigadas terrestres, e medios aéreos, catro avións e outros catro helicópteros que lograron apagar o lume con moita rapidez . Pouco despois a choiva axudou a que os poucos focos que podería quedar fosen totalmente apagados e o terreo queimado aproximadamente é unha Hectárea, quedou xa controlado. É obvio que isto non é normal dous focos nunha hora e en distintos lugares á parte do incendio do pasado Domingo que queimou tamén en Punta Couso, case 5 Hectáreas, parece que queren queimar O Hío, algunhas mans negras, hai detrás isto seguro, a Garda Civil segue investigando a orixe destes lumes.

Comentar noticia

Your email address will not be published.