A pasada fin de semana as Illas Cíes estivo cheo de incidencias

Publicado por o día 20/08/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

A pasada fin de semana as Illas Cíes estivo cheo de incidencias

Outra fin de semana atarefada en Cies. As actuacións dos axentes da Policía Local de Vigo na illa están a se centrar en cuestións encadradas nas axudas humanitarias, sen que por iso abandonen o labor de control e vixilancia no ámbito da seguridade cidadá, colaboración coas institucións e corpos que tamén teñen competencias en determinados ámbitos (como o ambiental), auxilio a campistas e visitantes, así como a observación ás normas de bo uso desta fermosa paraxe natural, visita obrigada a toda persoa que decida pasar as súas vacacións ou xornada de descanso nesta cidade.

Iniciando o transito ás Illas Atlánticas o pasado venres ás 19:15 horas, os axentes atopábanse no barco de pasaxe, cando foron requiridos por unha familia, que tiñan que medicar ao seu fillo de pouca idade e esquecéronse na súa hospedaxe a xiringa que utilizaban para medir a dose da devandita medicación.

Os Axentes da Policía Local de Vigo, contactaron co capitán do barco, que lles facilitou unha da caixa de primeiros auxilios da nave, facendo entrega da mesma á familia requirente, solucionando así a incidencia.

Xa na Illa, ás 20:50 horas iniciaron servizo conxunto en apoio aos axentes forestais das illas, servizo que durou ata as 21:30 horas.

O labor neste caso consistiu na vixilancia dos espazos naturais protexidos no ámbito de preservación da fauna autóctona.

Realizando un percorrido cun dos axentes nun dos seus vehículos polos camiños do lugar, localizando a tres persoas que estaban a tomar unhas cervexas, en espera da posta do sol, nas rochas da ponte, a uns 80 metros de leste, polo que se lles fixo volver ao carreiro, sendo informados da prohibición de saír fóra dos camiños establecidos, motivo polo que poderían ser sancionados.

Pouco máis tarde, novamente localizouse a dúas parellas que estaban a baixar polo monte, atallando unha curva que fai o camiño do Faro de Cíes na subida ao mesmo, ao obxecto de evitar camiñar un pouco máis. Verificouse que se trataba dunhas persoas que chegaran ás illas nun barco privado e tíñano fondeado na praia. Informóuselles da necesaria obrigación de seguir as normas ditadas para a conservación do espazo natural protexido.

O domingo estableceuse un operativo conxunto no que se viron involucrados a práctica totalidade de medios humanos de servizo nas Illas. Tendo coñecemento da doenza dun súbdito Portugues, ás 21:15 horas trasladáronse xunto cos membros de Protección Civil destinados nas illas ata a tenda na que estaba aloxado.

O citado fora atendido durante a tarde polos sanitarios do posto de Rodas, e trataban de pescudar a súa evolución, non atopando a ninguén na mesma. Acordouse ir máis tarde, acompañados co sanitario nocturno do cámping, ao obxecto de ver como se atopaba este señor.

Ás 23:25 horas, devandito sanitario, os membros de Protección Civil e os Axentes da Policía Local de Vigo volveron presentar no lugar, comprobando que estaba xa na tenda o matrimonio portugués, atopándose en compañía do seu fillo, que pernoitaba noutra tenda próxima.

O sanitario, tras comprobar que a este señor volvéralle a subir a febre ata 39,4 e que tiña o índice de osíxeno en sangue por baixo da media, púxose en contacto co médico de garda, quen aconsellou o seu traslado inmediato ao hospital.

Tras iniciar o protocolo de evacuación co apoio dos axentes forestais, procedeuse ao seu inmediato traslado acompañado pola súa muller no vehículo dos forestais ata o peirao de Rodas, onde foi evacuado, pola patrulleira gardacostas da Xunta de Galicia “Paio Gómez Chariño”. Unha vez identificado este señor, resultou ser A. P, de nacionalidade portuguesa e 63 anos de idade.

Noutra orde de cousas, lémbrase aos visitantes das Illas Atlánticas a prohibición de levar bombonas de campingas.

A diario, os Axentes, supervisan os aveños no peirao de embarque, e indican aos que as portan que as deixen nesa zona ata a súa volta, quedando depositadas no lugar establecido para o efecto.

Comentar noticia

Your email address will not be published.