A peonalización da fin de semana adiántase ao venres ás 15:00 a petición do sector comercial

Publicado por o día 14/08/2020 na sección de Galicia,Ponteareas

A peonalización da fin de semana adiántase ao venres ás 15:00 a petición do sector comercial

A Federación de Comercio Banastra celebra hoxe o “Mercaserán” con diferentes actividades de ocio e promoción comercial no centro urbano

A concellaría de Mobilidade e Tráfico lembra que, a petición do sector comercial, que hoxe celebra o evento “Mercaserán”, adiantarase ás 15:00 o peche do centro urbano das fins de semana para o desenvolvemento de diferentes actividades de animación na rúa. A concellaría de Mobilidade lembra que, tal e como está claramente sinalizado nos valos que impiden o acceso ao centro os sábados, domingos e festivos, os residentes e comerciantes están autorizados a acceder desde a rúa Concha Brey a carón do Concello. Polo tanto, a peonalización das fins de semana e deste venres 14 de tarde non impide o acceso de residentes e comerciantes á zona peonalizada, que se debe facer con precaución e a unha velocidade máxima de 20 km/h.

Comentar noticia

Your email address will not be published.