O alcalde participou esta mañá na inauguración da mostra “A nova colección Colmeiro” que permanecerá na Pinacoteca Francisco Fernández del Riego ata o 30 de setembro. Acompañado pola filla do autor, Elena Colmeiro, e José Ballesta, comisario, o alcalde eloxiou unha exposición que está formada polos 21 óleos do artista e as 145 obras sobre papel que integran o legado cedido polos herdeiros de Colmeiro ao Concello en 2017.
Caballero explicou que a incorporación deste legado á colección municipal de arte galega do Concello é un acontecemento cultural de primeira orde e converte a Vigo nunha referencia artística ineludible. Esta mostra transcende o territorio, é un valor da cultura universal, dixo. Na súa intervención, agradeceu á familia esta cesión “pola súa xenerosidade coa cidade e co patrimonio colectivo” sen pedir nada a cambio máis aló da divulgación desta obra.
A exposición mostra practicamente todas as etapas do autor: o seu retorno a Galicia nos anos 20 do século pasado, a súa renovación de estilo e interpretación da realidade galega dos anos 30, o impacto da Guerra Civil, o seu exilio en París e, finalmente, o seu regreso e presentación en España a partir dos anos 50. A colección recolle, asi mesmo, todas as temáticas que lle son propias, coa muller como gran protagonista: o seu país galego, que capta a través das súas paisaxes e as súas xentes en romarías e oficios; os traballos de estudio, a súas incursións na mitoloxía ou os seus retratos.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.