A pintura Viguesa de Franck Sastre dando pinceladas na Moda en Mallorca e na alta costura en Portugal

Cando a Moda é Arte… ou a arte entra na Moda.
Publicado por o día 29/05/2018 na sección de Cultura,Galicia,Vigo

A pintura Viguesa de Franck Sastre dando pinceladas na Moda en Mallorca e na alta costura en Portugal

En ambos temos a mestura de tecidos con agullas máis lenzos e cores.; dándonos esa maxia para un pase de moda como o que tivo lugar o 27 de Maio en Palma de Mallorca organizado pola creadora Mallorquina Coloma Oliver e Juan do Rio. Onde se sumaron as pinturas de pintores mallorquinos como Joan Gilbert, Carlos Prieto, Ada Martinez, Manuel Gómez e nesta ocasión convidaron o noso pintor Galego Franck Sastre onde mesturo as súas creacións entre eles, xerando na illa mediterránea ese toque de océano Atlántico.

A presentación estivo acompañada de Moda Mallorquina chea de cores nos seus tecidos coa suma de lenzos cheos de cores; dándonos un espectáculo de Moda & Art.

Coméntanos Franck que cada día vemos máis como se nutren de inspiración a Moda e a arte, cruzándose en moitas ocasións. Igualmente fainos participe que está a preparar para o día 22 de Xuño en Portugal coa moza creativa de Moda Daniela Pereira; unha fusión de Moda e Arte co tema “Black Panther”. Onde atoparemos modelos pintados, e un mural pintado en directo por Franck Sastre, acompañado do pase de moda da nova deseñadora Daniela Pereira que nos presentase a súa última colección que vén de ser aplaudida na Fashion Week de Lisboa e por diferentes revistas de moda de primeiro nivel.