A piscina de Chapela conta con novas taquillas e un equipo de TRX no ximnasio

Por o 11/10/2018 | Sección: Galicia,Redondela
A piscina de Chapela conta con novas taquillas e un equipo de TRX no ximnasio

O Alcalde de Redondela Javier Bas visitou esta mañá o Centro de Deportes Acuáticos de Chapela para comprobar a instalación das novas taquillas nos vestiarios e o equipo TRX na zona de fitness.

As novas taquillas substitúen ás anteriores que se atopaban moi deterioradas xa que o material non era o idoneo para ambientes húmidos. As novas taquillas son fenólicas e teñen cerre por moneda para garantir a seguridade dos usuarios. As novas taquillas instaláronse en todos es vestiarios. Foron adquiridas polo concello con cargo a fondos propios por importe de 20.800 euros.

Así mesmo a concesionaria da piscina (Aqualia) instalou un Equipo TRX para 20 persoas como novidade neste centro deportivo. O TRX é unha disciplina deportiva que se basa no propio peso corporal para facer exercicio, evitando moitas lesións.

PENDENTES DE DEPUTACIÓN PARA REPARAR AS DEFICIENCIAS DESTE EDIFICIO

O Concello remitiu xa no mes de abril a Deputación o proxecto de reparación das patoloxías da Pîscina de Chapela para incluilo dentro das obras que se financias cos cartos que lle corresponden de Redondela dentro de Plan Concellos 2018. Polo de agora o Concello se atopa á espera da resolución para poder licitar e executar as obras que contan con todos os permisos e o visto bo dos téncicos municipais.

Estas obras ascenden a 181.000 euros e inclúen a reaparación de rtodos os faios de construcción unha vez feito por técnicos un estudio das deficiencias que presenta este edicicio.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.