A Piscina Mancomunada realizará unha xornada de portas abertas para todos os veciños de Valmiñor

Publicado por o día 14/01/2019 na sección de Galicia

A Piscina Mancomunada realizará unha xornada de portas abertas para todos os veciños de  Valmiñor

O próximo sábado 19 de xaneiro, a Piscina Mancomunada do Val Miñor realizará unha xornada especial de portas abertas para dar a coñecer as instalacións a tódolos veciños de Val Miñor. Para este día, téñense preparadas moitas sorpresas e actividades especiais entre as que se inclúen master class na piscina (perfeccionamento de natación, aquagym…) ou nas salas (bike, pilates ou actividades express). Ademais, dende o 14 de xaneiro e ata o día 20, a piscina contará con inchables para que os máis pequenos da casa gocen dunha semana especial no centro deportivo.

Matrícula gratuíta

Dende o 7 de xaneiro e ata o día 20, a Piscina Mancomunada conta cunha oferta especial para as novas inscricións no centro. Durante este período, aquel es que se apunten aforraranse a matrícula, poderán gozar de asesoría deportiva gratuíta e de vantax es especiais nos abonos familiares entre as que se inclúen un regalo dunha mochila para cada neno do abono. A Piscina Mancomunada abriu unha web especial para esta campaña (www.serviocio.es/ahora/valminor) para informar desta oferta e na que se sortea un ano de ximnasio gratis así como un pack deportivo que consta dun reloxo GPS, unhas zapatillas deportivas e unha bolsa de adestramento.

Comentar noticia

Your email address will not be published.