A plataforma de afectados por neglixencias e malas praxes anuncia unha querela contra o Hospital Álvaro Cunqueiro polo caso de “ALIDA JIMENEZ”

Por o 14/05/2019 | Sección: Galicia,Sanidad,Vigo
A plataforma de afectados por neglixencias e malas praxes anuncia unha querela contra o Hospital Álvaro Cunqueiro polo caso de “ALIDA JIMENEZ”
Compartir en:
A plataforma anuncia que instruirá proximamente unha querela contra o Hospital Alvaro Cunqueiro de Vigo polo caso da paciente Alida Jiménez, a plataforma lembra que se atopa en estado moi grave despois de entrar nas urxencias do hospital polo seu propio pié e que debido a unha evidente falta de coordinación entre os distintos equipos médicos que a atenderon da súa doenza entrou en coma profundo con grave risco de falecemento, atopándose aínda ingresada na actualidade, manifestan.
 
Por todo o ocorrido esta plataforma emprenderá accións legais contra o hospital en defensa dos dereitos da paciente e a súa familia, pois se necesita unha investigación sobre a evolución e a praxe do caso que levo á paciente a esta situación.
 
Ademais levará a cabo unha concentración-manifestación na entrada do propio Xulgado onde se poña a denuncia, manifestan.
 
Por outra banda denuncian que o “Hospital Povisa de Vigo carece de habitacións adaptadas para atender a persoas con mobilidade reducida ou con obesidade mórbida, disponiéndo tan só dunha habitación cunha cama grande en todo o complexo cando a lei obriga a ter polo menos unha habitación totalmente preparada e adaptada por planta para poder atender con seguridade a persoas cos devanditos problemas” “polo que solicitamos desde aquí ao a Dirección do Hospital Povisa de Vigo repare dita situación o máis axiña posible”, finalizan.

Una respuesta para "A plataforma de afectados por neglixencias e malas praxes anuncia unha querela contra o Hospital Álvaro Cunqueiro polo caso de “ALIDA JIMENEZ”"

  1. Xavier   18/05/2019 at 0:30

    Se debe denunciar siempre

    Para vida saludable https://libroestilodevidasaludable.com/ lean el libro

    Responder

Comentar noticia

Your email address will not be published.