A Plataforma en Defensa da Sanidade pública da Guarda convoca concentracións diante do centro de saúde

O próximo xoves día 30 de xullo a Plataforma en defensa da Sanidade Pública da Guarda convoca unha concentración ás 12 da mañá diante do centro de saúde da Guarda.

Segundo manifestan os portavoces da plataforma “os vellos problemas continúan, ou vense incluso aumentados. A falta de médicos e persoal sanitario lonxe de solucionarse sufre novos recortes neste periodo estival o que provoca que as consultas se demoren en algúns casos ata un mes. A esto hai que engadir a xeneralización da teleasistencia, feito que resulta altamente preocupante”.

Estes son os motivos polos que a Plataforma reinicia as mobilizacións e chaman a todo o pobo da Guarda a participar nelas para impedir que continúe o deterioro da sanidade pública.

A plataforma pide a todos os asistentes á concentración que leven mascaras e que se manteñan as distancias de seguridade na concentración.

Noticias de última hora en Vigo

SIGUENOS EN TELEGRAM

Comentarios (0)
Publicar comentario