O próximo xoves día 13 de agosto a Plataforma en defensa da Sanidade Pública da Guarda convoca unha nova concentración ás 12 da mañá diante do centro de saúde da Guarda.
Serafín Fernández Portela, portavoz da plataforma manifestou “A falta de médicos e persoal sanitario continúa. De 8 médicos que hai en plantilla na actualidade so hai 4 prazas cubertas. Enfermeiras só hai tres. Esta falta de persoal provoca que as consultas se demoren en algúns casos ata máis de 20 días . A esto hai que engadir a xeneralización da teleasistencia, feito que resulta altamente preocupante e que xa temos denunciado”.
Por este motivo a Plataforma seguirá mobilizándose e chama a todo o pobo da Guarda a participar nestes actos de protesta para impedir que continúe o deterioro da sanidade pública.
A plataforma pide a todos os asistentes á concentración que leven mascaras e que se manteñan as distancias de seguridade na concentración.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.