A Plataforma Feminista Galega convoca a todas as organizacións sociais e persoas independentes que queiran estar presentes coa plataforma, á concentración que terá lugar o luns 7 de novembro, xa que se cumpre un ano da Marcha contra as violencias machistas en Madrid, na que participaron cun bloco galego, e que reuniu a centos de miles de persoas, tamén en México e Perú. Desde entón, as mulleres asasinadas foron 77 segundo feminicidio.net e 50 segundo a Delegación do Goberno. Que pasou coas 9 reivindicacións polas que nos manifestamos daquela?
Polo que vos agardan o vindeiro luns 7 de novembro ás 20.00 diante do Museo de arte contemporanea MARCO.
Desde Noticias Vigo agardámosvos e agradecemos a súa difusión.