A Plataforma Galega en Defensa da Universidade Pública convoca concentracións contra a privatización

Terán lugar mañá martes, 11 de febreiro, ás 11 horas, nos diferentes campus universitarios
Publicado por o día 10/02/2020 na sección de Protestas

A Plataforma Galega en Defensa da Universidade Pública convoca concentracións contra a privatización

A Plataforma Galega en Defensa da Universidade Pública, integrada polos sindicatos CCOO, CIG e UGT, xunto coas organizacións estudantís Erguer, Anega, Acción Universitaria e Sindicato de Estudantes, convoca concentracións para rexeitar a creación dunha universidade privada. As protestas terán lugar mañá martes, 11 de febreiro, ás 11 horas, nos diferentes campus universitarios.

Desde a Plataforma denuncian a beizón da Xunta a esta iniciativa, auspiciada por Abanca, malia a pouca información pública de que se dispón. As organizacións que a integran reproban que a Xunta estea disposta a apoiar unha universidade privada ao tempo que ás públicas se lles nega a posibilidade de implantaren novos títulos de grao e de posgrao. Isto, malia que a lei di que unha nova universidade ha ofertar, polo menos, oito titulacións entre graos e posgraos.

CONCENTRACIÓNS 11 de febreiro, ás 11 horas

— Santiago de Compostela: reitorado

— Lugo: biblioteca intercentros

— A Coruña: Facultade de Informática

— Ferrol: Vicerreitorado

Comentar noticia

Your email address will not be published.