A Plataforma PassÁREA celebrará o venres en Mos unha asamblea informativa sobre a retirada da Tarxeta Verde do Vitrasa

Será o venres ás 20.00 horas no Multiusos e trátase dun acto aberto a toda a veciñanza interesada
Por o 20/03/2018 | Sección: Galicia,Mos
A Plataforma PassÁREA celebrará o venres en Mos unha asamblea informativa sobre a retirada da Tarxeta Verde do Vitrasa

O Concello de Mos informa de que a Plataforma PassÁREA, convoca unha asamblea informativa sobre a retirada da Tarxeta Verde do Vitrasa que se celebrará o vindeiro venres 23 de marzo, ás 20.00 horas, no auditorio do Multiusos das Pozas.

A xuntanza é aberta a todos/as interesados/as en asistir e dende a Plataforma solicitan a máxima participación veciñal posible. A Plataforma PassÁREA está formada por colectivos de Mos, Moaña, e Redondela para solucionar a problemática xerada coa Tarxeta Verde de Vitrasa, que moitos veciños/as destes municipios perderán ao pasar o Concello de Vigo a substituíla pola nova Pass Vigo, que terá uso restrinxido para os empadroados na cidade olívica privando das bonificacións ao resto de cidadáns usuarios do transporte urbán vigués.