A Plataforma pola defensa da ría de Vigo Cíes di non ao recheo de Bouzas e pide mais comunicacións co porto

Por o 14/04/2019 | Sección: Galicia,Vigo
A Plataforma pola defensa da ría de Vigo Cíes di non ao recheo de Bouzas e pide mais comunicacións co porto

A plataforma pola defensa da ría de Vigo Cíes compartiu que estamos a manter reunións coas diversas entidades sociais, económicas, politicas etc. as que fecemos chegar a nosa visión e preocupación polos atentados ao medio que suporía a volta aos aterramentos da ría. Unha práctica que cosiderabamos superada, pero lamentablemente o Sr. Lopez Veiga non é capaz de acadar solucións de futuro, retrocede no tempo e aposta por unha maior destrucción da ría e a súa diversidade. Os asistentes compartimos o diagnostico e posición.

É fundamental impedir a perda de valor ambiental da ría, dos recursos mariños, dos postos de traballo en pesca e marisqueo, do turismo, da calidade de vida ….. e por suposto impedir que se lles siga impoñendo mais varreiras aos veciños de Vigo que lles impidan cantemplar a ría.

Faremos o posible por impedir mais aterrados na ría. Ainda que os responsables da A. Portuaria de Vigo só pensan en instalar mais industrias na ría, con fins lucrativos, ainda que iso supoña esquilmar os recursos naturais e non porque sexan necerarias para a actibidade portuaria,.

Xa temos manifestado en múltiples ocasións que a nosa organización xamáis se oporá ao progreso sustentable pero que sí se oporá frontalmente a calqueira recheo sobre a lámina de auga da ría de Vigo e o seu ámbito litoral.

Unha mostra do noso posicionaamento, xa lle temos dado traslado a A. Portuaria e tamén que estamos dispostos a participar dese progreso propoñendo o desenvolvemento total da Plisan para que funcione como un porto seco tal como foi concebido e que se dote dunha liña ferroviaria que conecte co porto de Vigo os polígonos industriais do interior para darlle a axilidade que precisa no tránsito de mercadorías. Esta si é unha actuación prioritaria e de futuro para o porto de Vigo.

Comentar noticia

Your email address will not be published.