A Plataforma pola defensa da ría de Vigo “Cies” en apoio das demais plataformas en defensa das rías galegas

Por o 14/04/2019 | Sección: Galicia,Vigo
A Plataforma pola defensa da ría de Vigo “Cies” en apoio das demais plataformas en defensa das rías galegas
Compartir en:

A Plataforma pola defensa da ría de Vigo “Cies” en apoio das demais plataformas en defensa das rías galegas manifesta as seguintes consideracións en contra da existencia desta instalación contaminante:

Este complexo foi construido sobre o banco marisqueiro de Lourizán e sobre as praias de Pontevedra próxima a dous importantes núcleos de poboación e ao pé dun ecosistema productivo en moluscos, crustáceos e peixes. Dá así comenzo un proceso de degradación da ría, tanto ambientalmente como económicamente, xa que os pretendidos miles de postos de traballo para a comarca en realidade significaron a destrucción dos 10.000 que podían vivir dun xeito sustentable do turismo da pesca e o marisqueo. A ría é de seu o motor económico da comarca pero está sendo relegada en favor dunha actividade nociva e destructiva do medio ambiente na costa e no interior por causa dunha eucaliptización descontrolada para abastecer de materia prima a fabricación de pasta de papel que ten como consecuencia un altísimo índice de incendios nos montes galegos, emisións de gases no proceso de fabricación, materia orgánica e metáis pesados que causaron a atrofia do fondo mariño da ría de Pontevedra. A moratoria concedida a esta empresa asentada en dominio público só ten un obxectivo, protexer o IBEX, non tendo en conta o custe das enfermedades causadas á poboación da contorna nin os empregos que se perden cada día pola nefasta calidade das augas.

Dende a PDRV “CIES” condenamos enerxicamente a existencia de industrias contaminantes así como os métodos utilizados para prolongar a súa actividade por medio de leis feitas á medida duns poucos empresarios. Os recursos naturais son limitados e non podemos hipotecar o futuro das xeracións vindeiras con minas de “ouro”, prospección petroleiras ou explotando os montes sen ordenación e control.

Comentar noticia

Your email address will not be published.