A Plataforma pola defensa da ría de Vigo “CÍES” manifesta neglixencias inaceptables de verteduras a ría

Por o 31/01/2019 | Sección: Galicia,Vigo
A Plataforma pola defensa da ría de Vigo “CÍES” manifesta neglixencias inaceptables de verteduras a ría
Compartir en:

Nos anos 90 cada río, regato e recuncho do bordo litoral da ría, era un foco de vertidos contaminados. Non existían depuración e só nos centros urbanos existían colectores de fecais, aínda que unitarios, exactamente como na actualidade.

Isto continuo no tempo, contaminando bancos marisqueiros, zonas de pesca e mesmo areais, diminuíndo os recursos marinos e os postos de traballo.

Aínda que a PDRVIGO “CÍES”, naceu como consecuencia do intento de instalación dunha actividade perigosa para a ría, nos estatutos, entre as actividades prioritarias e mais importantes esta, loitar polo saneamento integral da ría e a recuperación de bancos marisqueiros e pesqueiros e a calidade de medio ambiental do medio.

Foi e sigue sendo, unha loita dura e permanente para que se procedese a construcións das EDARS e colectores separativos, de pluviais e fecais, en todos os concellos. Conseguiuse moito, aínda que sempre nos atopamos cun sector determinado da sociedade, igual que sucede na actualidade, que se esforzou en trasladar a veciñanza que o que faciamos ía contra o progreso e que degradaba os nosos produtos do medio marino. Nada mais lonxe da realidade, se non se ouvese loitado con conciencia, quizais na actualidade, a calidade dos bancos marisqueiros e pesqueiros estarían nunha posición mais degradada, como sucede en outros lugares.

Como Plataforma pola defensa da ría de Vigo “CÍES”, presentamos escritos poñendo en coñecemento da C.de Peticións do Parlamento Europeo os graves problemas de contaminación na ría por mor dos vertidos sen depurar. Estas comunicacións puxeron en marcha:

Petición n.º 0260/1999 sobre a estación puradora de augas residuais urbanas de Vigo, construida con fondos comunitarios.

Petición n.º 0462/2006, sobre protección das costas galegas, concretamente da ría de Vigo, da contaminación e o dano ambiental.

Con moitos anos de atraso construise a nova EDAR do Lagares e aínda que non se solucionaron os problemas de vertidos sen depurar, as autoridades españolas pretendían que se pechase o expediente, con ameaza de sanción, aberto por Bruselas.

A este respecto, comunicamos e denunciamos, novamente, que a día de hoxe séguese incumprindo as determinacións da D.M.A. pois se seguen vertendo á ría de Vigo augas residuais sen a preceptiva depuración, tal como se demostra nas diferentes denuncias efectuadas ante os entes Locais e que se reflicten en diferentes medios de comunicación e datas.

Isto é consecuencia de neglixencias inaceptables ou fallos puntuais, agravadas pola falta de colectores separativos das aguas da chuvia e das fecais, o que fai imposible que as EDAR poidan efectuar a súa función adecuadamente para cumprir coa D.M.A Europea. Un exemplo é que, o caudal medio de entrada a nova EDAR de Vigo é de 2,6 M3/s, este caudal multiplicase por 20 o 30 os días de chuvia, o que supón un caudal total de 50-60 m³/s superando en moito a capacidade máxima de entrada á nova EDAR que é de 12 m³/s, pero ainda ten outro problema angadido como é a evacución das augas tratadas ao mar a través do emisario que ten unha capacidade de 8 m³/s. Isto supón que aínda que a EDAR puidese depurar o máximo de 12m³/s, non sería posible evacuar os 12 m3/s.

Tamén trasladamos que en todo el borde litoral de la Ría de Vigo se están vertendo augas contaminadas de aglomeracións como as de Cangas con máis de 25. 000 habitantes, Baiona con máis de 12.000 habitantes, Moaña máis de 19.000 habitantes, Redondela máis de 28.000 habitantes, Sotomaior máis de 7.000 habitantes ou Nigrán con máis de 17.000 habitantes.

Demos traslado de toda a información posible para que nos debates da Comisión se teña a maior información posible e que as decisións sexan acordes á realidade, por dura que esta sexa. Solicitamos que se demande das administraciones españolas a adopción das medidas necesarias a fin evitar que se vertan aguas contaminadas á ría e se nos facilite o acceso aos datos de funcionamento dos procesos de saneamento. Para acadar este obxectivo será obrigado a instalación dos colectores separativo de pluviales e fecales, de non ser así as EADRS, nunca cumpriran o seu cometido.

Os puntos mais frecuentes de vertidos na cidade de Vigo danse na plataforma portuaria e os responsables da A.P. deberían telos controlodados xa que teñen medios e evitar que isto aconteza.

Ao longo da fronte costeira de Vigo existen cinco estacións de bombeo que dispoñen dunhas comportas que se abren mediante sistemas hidráulicos programados, impulsando ao mar as aguas fecales sin ningún tratamento cando aumenta o caudal os días de chuvia.

O impacto social que supón para o medio natural e importante, xa que afecta ao medio marino, fauna, flora e a calidade de vidas al medio marino, fauna, flora e a calidade de vida dos seus habitantes.

Lamentamos a actitude dos parlamentarios europeos dos dous partidos españois maioritarios que tamén son secundados polos seus compañeiros a nivel local e autonómico. Unha actitude para nosoutros incomprensible. Non entendemos cómo se poden comportar con tal grado de inmadurez en materia de medio ambiente ou defensa dos dereitos da cidadanía. Non se pode adoptar a actitude da avestruz e non recoñecer o problema. É obvio que para dar solucións e preciso recoñecer o problema.

Tamén queremos mostrar o noso agradecemento á eurodiputada Ana Miranda polo seu apio e traballo en defensa dos intereses desta terra e os seus cidadáns.

O noso obxectivo era que se reabrise o procedemento e poder así seguir facendo un seguimento por parte de Bruselas do cumprimento de saneamento integral da ría, para o cal se teñen investido fondos procedentes de Europa.

Deixar ben claro ante a opinión pública que esta plataforma non ten vinculación con ningún partido político, que todos e cada ún deles foron informados e demandados para que se preocupen de demandar solucións cos mesmos escritos, igual que a cada ún dos concellos costeiros da ría de vigo. Seguiremos informando, demandando que se nos reciba no concello de Vigo, seguiremos felicitando a todo representante político que desenvolva a súa labor con dignidade en defensa do medio ambiente e neste caso da ría de Vigo.

Comentar noticia

Your email address will not be published.