A Plataforma Pola Defensa da Ría de Vigo CÍES reunese con Iris Malvido candidata pola provincia de Pontevedra ao Congreso por En Marea

Resumen da reunión mantida entre a directiva da Plataforma Pola Defensa da Ría de Vigo CÍES, REPRESENTADA POLO PRESIDENTE, SECRETARIO E UN VOCAL con Iris Malvido de en marea.
Publicado por o día 16/04/2019 na sección de En Marea,Galicia,Política,Vigo

A Plataforma Pola Defensa da Ría de Vigo CÍES reunese con Iris Malvido candidata pola provincia de Pontevedra ao Congreso por En Marea

Seguindo co traballo iniciado, no día de hoxe mantivemos reunión coa representante de EN MAREA, trasladamos a nosa visión e preocupación polos atentados ao medio que suporía a volta aos aterramentos da ría. Unha práctica que considerabamos superada, pero lamentablemente a Autoridade Portuaria non é capaz de acadar solucións de futuro, retrocede no tempo e aposta por unha maior destrucción da ría e a súa diversidade.

Os asistentes compartimos o diagnostico e posición. Xa que entendemos que non son necesarios mais aterrados na ría, para facer competitivo o porto.

É fundamental impedir a perda de valor ambiental da ría, dos recursos mariños, dos postos de traballo en pesca e marisqueo, do turismo, da calidade de vida ….. e por suposto impedir que se lles siga impoñendo mais barreiras aos veciños de Vigo que lles impidan contemplar a ría.

Faremos o posible por impedir mais aterrados na ría. Aínda que os responsables da A. Portuaria de Vigo só pensan en instalar mais industrias na ría, con fins lucrativos, aínda que iso supoña esquilmar os recursos naturais e non porque sexan necesarias para a actividade portuaria,.

O progreso do porto será posible co desenvolvemento total da Plisan para que funcione como un porto seco, tal como foi concebido e que se dote dunha liña ferroviaria que conecte co porto de Vigo, esta conexión tamén se debe fomentar con outros polígonos industrias do interior, para darlle a axilidade que precisa no tránsito de mercadorías. Esta si é unha actuación prioritaria e de futuro. Unha actuación que faría posible un desenrolo sustentable e respetuoso co medio ambiente e recursos naturais que xeran postos de traballo.

Comentar noticia

Your email address will not be published.