A Plataforma pola defensa da Ría de Vigo tivo unha xuntanza con Greenpeace.

Por o 07/02/2019 | Sección: Galicia,Vigo
A Plataforma pola defensa da Ría de Vigo tivo unha xuntanza con Greenpeace.

Sendo o seu obxectivo como plataforma pola defensa da ría de Vigo acadar un saneamento integral da mesma e seguindo co seu traballo de demandar das autoridades competentes que se realicen as obras de construcción das canalizacións separativas de augas da chuvia das residuais urbanas, co obxectivo de acadar a excelencia na calidade das augas, seguindo as directrices da Directiva Marco da Auga da comunidade europea, para que os productos extractivos teñan a máxima cualificación no mercado, para que o baño estea exento de riscos de contraer enfermedades por contaminación, por todo iso tiveron contactado coa organización ecoloxista Greenpeace resultando un encontro fructífero en materia de colaboración en defensa da ría polo que quedaron emprazados para traballar conxuntamente e afrontar a cruda realidade, compartir información sobre os puntos de verteduras contaminantes na ria, as análises realizadas polas entidades científicas da cidade de Vigo, documentación en xeral de primeira man sen manipulacións interesadas para que dunha vez se recoñeza a existencia do grave problema que supón a vertedura das augas mal depuradas dos concellos periféricos así como as verteduras das augas sen depurar en Vigo dende os aliviadeiros das estacións de bombeo, etc, todo co ánimo de compartir recursos, experiencias e optimizar o traballo a prol do medio ambiente da ría de Vigo e a costa.

Por parte da Plataforma Pola Defensa da Ría de Vigo “CÍES” asistiron neste encontro, Serxio Regueira, Antón Sánchez, Ana Belén Antelo e Raimundo Pérez. Por Greenpeace Manuel Santos.

Comentar noticia

Your email address will not be published.