A Plataforma pola Defensa do Tren A Coruña e As Mariñas convoca a un acto reinvindicativo para demandar a implantación dun tren de cercanías na Comarca da Coruña e a mellora da liña A Coruña – Ferrol, A Coruña – Lugo e Ferrol- Ribadeo. Esta nova acción da Plataforma consiste nunha viaxe en tren ata Betanzos que partirá da Coruña o domingo 16 de decembro ás 10.50 e de Ferrol o mesmo día ás 8.54. Na estación da Coruña realizarán unha concentración ás 10.30 xusto antes de coller o tren. A esta viaxe convidaron a todos os concellos entre A Coruña , Ferrol e Ribadeo polos que pasa o tren, un xeito, din, de involucralos tamén nunha demandas que “son fundamentais para a mobilidade de toda a zona”.
O acto en Betanzos consistirá nunha marcha entre a Estación e a Praza dos Irmáns Naveira. Alí haberá, ás 12.00h, un acto reivindicativo onde lerán un manifesto e tamén contarán cunha actuación musical. Para a Plataforma, o abandono da liña ferroviaria é un “despilfarro de cartos públicos porque podería dar un servizo de calidade a máis de 600.000 persoas, reducindo o custe
medioambiental dos desprazamentos por estrada en vehículo privado”. A Plataforma reivindica arranxar e mellorar as liñas existentes, elecrificalas, engadir ou reaabrir apeadeiros, incrementar as
frecuencias e adaptar os horarios, o cal permitiría contar cun servizo de ferrocarril de calidade e sostible.
A entidade comenta que seguirán nas súas accións para dar a coñecer á xente as posibilidades que ten o tren tendo en conta que as infraestruturas xa están feitas, para o cal piden a implicación de
todas as organizacións políticas, sociais e sindicais, e tamén piden aos medios de comunicación que dean a coñecer as súas demandas.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.