A Plataforma SOS Sanidade Pública felicita a todas as Plataformas en Defensa dá Sanidade Pública e ás organizacións que a integran pola gran movilización en contra da reforma da Lei Galega de Saude,

Por o 21/03/2018 | Sección: Sanidad,Social
A Plataforma SOS Sanidade Pública felicita a todas as Plataformas en Defensa dá Sanidade Pública e ás organizacións que a integran pola gran movilización en contra da reforma da Lei Galega de Saude,
Compartir en:

A actitude prepotente e depreciativa do PP coa poboación das áreas sanitarias e de gran parte da opinión da cidadanía galega, por encima das lóxicas diferenzas ideolóxicas, mostra que o goberno da Xunta e o grupo parlamentario que a soporta, non ten ningún interese en resolver os graves problemas que afectan á sanidade pública da Comunidade Autónoma e que só lles move a defensa dos intereses das grandes multinacionais e grupos de investimento que se están apoderando do noso sistema sanitario público.

Desde SOS queremos recordar que pese á aprobación desta reforma privatizadora, seguiremos coas mobilizacións en defensa do noso sistema de saúde público, algunhas da cales están sendo debatidas e aprobadas para os próximos meses.

Equivócase en señor Feijoo o seu pensa que coa votación parlamentaria ten garantido o a paz social polo desmantelamento das áreas e hospitais comarcais, a da Atención Primaria, a privatización da investigación, a precarización dos traballadores sanitarios ou a supresión dos instrumentos de control social.

Desde SOS Sanidade Publica seguimos apostando pola mobilización e o dialogo e a negociación para sacar do marasmo ao noso sistema de saúde.

Non imos tolerar a perpetuación das listas de , a desviación a centros privados de miles de pacientes ou de entregar centos de millóns a multinacionais farmacéuticas ou tecnolóxicas.

Seguiremos coa mobilizacións e coa man tendida para negociar a recuperación do noso Sistema Sanitario Público.