A Plataforma SOS Sanidade Pública quere mostrar a súa preocupación pola deterioración da Sanidade Pública Galega resultado da política de recortes, desmantelamento e privatizacións levadas a cabo pola Xunta presidida por Núñez Feijoo

Publicado por o día 26/12/2018 na sección de Galicia,Sanidad,Social,Vigo

A Plataforma SOS Sanidade Pública quere mostrar a súa preocupación pola deterioración da Sanidade Pública Galega resultado da política de recortes, desmantelamento e privatizacións levadas a cabo pola Xunta presidida por Núñez Feijoo
1.-Aínda que os problemas afectan a todo o sistema: Áreas Sanitarias, hospitais, POVISA, servizos de saúde mental, programas da muller e ao persoal médico, de enfermaría, auxiliares, celadores, etc, etc, é na Atención Primaria onde se concentra con maior intensidade pola escaseza de orzamentos, os recortes de persoal (especialmente en pediatría), a masificación de centros e consultas, o sometemento ás xerencias hospitalarias que limitan a súa autonomía e os seus recursos. Esta situación fai imposible que os Centros de Saúde desenvolvan as actividades de promoción e prevención de saúde, así como que poidan prestar unha asistencia de calidade e teñan capacidade resolutiva.
 
2.- Por todas estas razóns desde a Plataforma SOS Sanidade Pública cremos que a Atención Primaria chegou ao límite e apoiamos tanto a mobilización da AP de Vigo e a dimisión do 80% dos xefes de servizo da área de Vigo como a mobilización dos traballadores dos PAC, os peches das urxencias no CHUS e as convocatorias de paros e manifestacións convocadas en numerosas áreas. Esta rebelión organizada polo persoal sanitario co respaldo das Xuntas de Persoal, esixe medidas reais para acabar coa deterioración da Atención Primaria en toda Galicia e en todo o sistema sanitario.
 
3.- Chegou o momento de organizar unha gran mobilización unitaria sanitaria e social en apoio das reivindicacións dos traballadores sanitarios e da poboación de numerosos concellos que protestan polo peche de consultas, a supresión de pediatras ou a masificación dos centros.
 
Desde SOS Sanidade Pública animamos a toda a poboación a sumarse á manifestación convocada pola Atención Primaria de Vigo o 27 de decembro, ás 20,00 horas, con saída do PAC de Vigo da rúa Pizarro.

Comentar noticia

Your email address will not be published.