A Plataforma veciñal de afectados pola comunidade de montes da Guarda denuncia un novo atropelo na casa dos Alonso

Hoxe na Casa dos Alonso consumouse outra “ilegalidade mais” por parte da Comunidade de Montes da Guarda, argumenta a Plataforma Veciñal a Guarda. 12 persoas votaron a favor dunha candidatura que vai xestionar unha Comunidade de Montes que debera ter a día de hoxe, polo menos 81 comuneiros.

Esta asemblea contou con unhas supostas “irregularidades” de todo tipo, dende non respectar os prazos que marcan os estatutos entre as dúas convocatorias (2 horas), ata non por a disposición dos comuneiros un lugar onde poder consultar a documentación relativa á asemblea.

Por suposto, só se votou unha candidatura, a outra foi omitida e “censurada”. Ninguén sabe nada, non hai explicacións, nin hai onde pedilas, xa que é unha Comunidade que non atende ao teléfono, non contesta aos correos, non recolle correspondencia, e por suposto non ten sitio habilitado para solicitar, entregar ou consultar nada. É unha Comunidade “opaca”. Só queda preguntarnos; por que? De verdade teñen algún interese no Monte? Ou en que este monte se xestione polos sua veciñanza?

Preto de 40 veciños, a maioría con solicitudes pendentes de alta dende hai anos, concentráronse diante das portas desta Asemblea, acompañando aos/ás outros 6 compañeiros que si puideron entrar, e ver a “pantomima que esta Xunta Rectora”, co señor Fariñas e o señor Lolo a cabeza levou a cabo, sen dubidar, sen pestanexar, sen medo, nin conciencia parece ser, así o aseguran dende a plataforma.

“Non está demais dicir que estes 12 comuneiros que votaron a favor da única candidatura existente, tamén botaron en nome de outros 12 comuneiros, os cales na súa maioría levan anos sen asistir a ningunha asemblea (lembremos que por estatutos un/nha comuneiro só se pode ausentar 2 asembleas como máximo). Quedounos claro que hai comuneiros e “comuneiros””, engaden dende a a plataforma.

E por último veñen lembrar desde a Plataforma Veciñal a Guarda a todos os viciños da Guarda que isto se esta a facer a sabendas e beneplácito do Concello da Guarda. “Que cede non só un espazo público, como é a Casa dos Alonso, para que se cometa semellante atropelo, se non que tamén pon a sua disposición o corpo de Policía Local para que exerzan, non de Policías, se non de garda espaldas e porteiros desta xente, decidindo quen entra e quen non, con lista en man, nesta parodia de Asemblea Extraordinaria” aseguran desde a Plataforma Veciñal a Guarda.

A Plataforma Veciñal a Guarda sen máis, animan de novo a todos os viciños a tomar parte desta luita polo noso monte, “e pola nosa Comunidade de Montes, que hoxe mais ben parece un cortello na que uns poucos teñen a pía e pían por todos” finaliza a Plataforma veciñal de afectados pola comunidade de montes da Guarda e Afirman que seguirán loitando por un monte e unha comunidade de todos e para todos nun comunicado.

Nado en Vigo hai 38 anos. Fotógrafo, activista defensor dos dereitos humanos e ambientais. Buscando que se recoñeza e respecte os patrimonios da cidade de Vigo.

SIGUENOS EN TELEGRAM

Comentarios (0)
Publicar comentario